Xoves 28 Marzo 2024

A USC impulsa un proxecto europeo que creará fármacos para inhibir plaquetas

Un proxecto europeo para o desenvolvemento de novos fármacos antitrombóticos capaces de inhibir as plaquetas sanguíneas acaba de abrir o proceso de contratación de quince estudantes de doutoramento para un período de tres anos. O proxecto aglutina ao persoal investigador europeo mais relevante no campo da investigación plaquetaria. O investigador principal por parte da USC é o profesor Ángel García Alonso, quen lidera o grupo de Proteómica de Plaquetas no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS).

A USC contratará un estudante de doutoramento para desenvolver o proxecto

A peculiaridade deste proxecto é que entorno á liña de investigación proposta crearase un programa de doutoramento europeo que implicará o outorgamento de títulos dobres entre as universidades participantes. Así, a USC estará implicada na supervisión de cinco doutorandos, unha persoa contratada en Santiago, dúas en Reino Unido, outra en Holanda e outra en Alemaña.

Publicidade

As persoas seleccionadas repartirán o seu tempo entre os laboratorios dos respectivos supervisores, o que garante unha mobilidade entre os centros de investigación implicados no doutoramento. Desta maneira os doutorandos recibirán formación punteira nun campo interdisciplinar que lles permitirá adquirir coñecementos e habilidades que os situarán nunha posición inmellorable para incorporarse profesionalmente ao mundo da investigación biomédica, tanto no sector académico como en empresas.

Para unha información detallada sobre o proxecto e o proceso de selección, as persoas interesadas poden consultar a web do grupo da USC.

As plaquetas son células sanguíneas sen núcleo que se activan no momento en que se produce unha ferida, contribuíndo á formación do coágulo que evite a perda de sangue. Non obstante, en circunstancias patolóxicas, as plaquetas pódense activar de xeito indesexable dando lugar á trombose, que no caso das arterias coronarias conduce a un infarto agudo de miocardio. Os pacientes en risco de trombose son tratados con fármacos que inhiben as plaquetas, pero moitos seguen a sufrir episodios de trombose ou hemorraxias, polo que existe unha necesidade de descubrir novos fármacos máis eficaces e seguros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos