Sábado 20 Abril 2024

Santiago proba un dispositivo para controlar o gas radon dende o móbil

Investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Microelectrónica de Barcelona (IMB-CNM-CSIC), ambos membros do CPAN, participan nun proxecto para desenvolver un sistema automático e asequible que controle os niveis de radon nos edificios. O sistema, que se controlará mediante unha aplicación no móbil, disporá dunha versión máis sinxela para usuarios domésticos e outra para grandes instalacións (con más de mil metros cadrados). O radon é un gas nobre que constitúe a maior fonte de exposición a radiación natural en humanos.

Co acrónimo CARE (Desenvolvemento dun sistema de Control Automático da concentración de Radon en Edificios), o obxectivo do proxecto é desenvolver un sistema que controle os niveles de radon presente en edificios e ofreza unha resposta automática, adaptando a ventilación ou climatización en función da súa concentración. Os niveis de radon en interiores poden reducirse ventilando adecuadamente, pero esta operación non se realiza sempre cando é necesario, ben por descoñecemento ben por limitacións técnicas, como no caso de grandes edificios, sotos ou sistemas de climatización en circuíto cerrado.  O maior illamento das casas actuais ten a contrapartida dunha maior acumulación de radon en espazos interiores.

Publicidade

O novo equipo terá unha aplicación doméstica e outra para grandes instalacións

As probas do sistema desenvolveranse nunha planta en Galicia, un dos lugares de España con maior potencial de exhalación de radon. Dolores Cortina, investigadora da USC participante no proxecto, destaca que este tipo de sistemas terán cada vez máis demandada, máis coa entrada en vigor o vindeiro ano dunha nova directiva europea que por vez primeira obriga aos gobernos a medir o radon en lugares de traballo emprazados en áreas de risco, así como a reducir a concentración de radon naqueles lugares nos que se rexistre un mínimo de 300 Becquereis  por metro cúbico. Tamén se contempla a introdución de requisitos específicos na edificación, para evitar e reducir este gas no interior dos edificios.

O dispositivo
Segundo destacan os investigadores participantes no proxecto, os sensores que existen no mercado para control de radon son sofisticados e caros, nalgúns casos, ou, noutros, son sinxelos captadores de aire que necesitan varios días de exposición para obter resultados, que ademais deben ser analizados en laboratorios especializados. Fronte isto, o proxecto CARE, que acaba de iniciarse, desenvolve un sensor baseado en tecnoloxía de silicio utilizada en grandes experimentos de física de partículas como o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN, así como un monitor de radon capaz de proporcionar medidas de concentración cada media hora. Ambos dispositivos compleméntanse cun sistema que xestiona a información proporcionada polo monitor conectado a unha instalación intelixente de climatización, para que actúe de forma instantánea e activa e así reducir a concentración de radon.

CARE conta con financiamento da convocatoria Retos-Colaboración do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016. Tamén participan no proxecto as empresas Alibava Systems, Sensing & Control (S&C), ATI Sistemas e Radiansa Consulting.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 23% da poboación galega non sabe que o radon é canceríxeno

Un estudo da USC analiza a percepción social deste gas, que é a primeira causa de cancro de pulmón entre non fumadores

Hai relación entre o radon e os tumores cerebrais? Así o estuda un equipo galego

O investigador da USC Alberto Ruano lidera o proxecto Radonbrain para afondar nunha patoloxía "de causas fundamentalmente descoñecidas"

Os galegos, os máis expostos ao radon nos seus postos de traballo

Un equipo da USC estudou a presenza deste gas en 3.100 centros laborais en España. O 89% están radicados en Galicia

Un estudo atopa exceso de radón nun terzo das aulas de Galicia e Portugal

Tomaron unha mostra de 416 habitacións e a superabundancia foi máis común nas áreas urbanas da Coruña (45%) e as zonas rurais de Lugo (30%)