Esponxa Crambe, variedade empregada na investigación.

Esponxa Crambe, variedade empregada na investigación.

Unha investigación da USC analiza as esponxas mariñas como antitumorais

A tese de doutoramento de María Roel Sánchez estuda en peixe cebra compostos con orixe no mar

A investigación de doutoramento realizada pola veterinaria María Roel Sánchez baixo o título ‘Estudo dos efectos biolóxicos de biomoléculas de orixe mariña sobre cultivos de células humanas e modelos animais de enfermidades humanas’, proba as potencialidades que presentan determinados compostos mariños para usos terapéuticos e incluso como inhibidores de tumores.

180507mroel

A investigación de doutoramento desenvolvida por Roel Sánchez baixo a dirección do catedrático de Farmacoloxía da USC Luis M. Botana e de Juan Andrés Rubiolo, investigador do grupo de xenética Acuigen, encádrase no marco do proxecto europeo Baambo, unha liña investigación financiada ao abeiro do VII Programa Marco e rematada hai xa dous anos na que tamén tivo un protagonismo activo a USC.

O proxecto Baambo naceu co obxectivo primordinal de estudar organismos mariños procedentes de diversos lugares do mundo a fin de analizar a súa capacidade de produción sustentable de compostos de alto valor engadido para o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético e industrial.

Daquela, esta actuación de I+d+i centrou as súas pescudas na análise e avaliación de potenciais usos, prestacións e aproveitamentos de moitos microorganismos, tales como bacterias, fungos, esponxas, microalgas, macroalgas e, entre outros, fermentos.

Nesta liña de traballo e logo de estudar non poucos organismos mariños, María Roel Sánchez focalizou as súas pescudas nos compostos da familia das crambinas ecrambescinas, organismos obtidos en Niza a partir da esponxa Crambe. Estes compostos teñen especial interese polos seus efectos como inhibidores tumorais, tal e como comprobou a propia investigadora nos experimentos realizados en peixe cebra.

Alén das prestacións que ofrecen estes microorganismos mariños como antitumorais, un achádego xa obxecto de solicitude de patente por parte dunha compañía farmacéutica, os compostos mariños cuxo estudo centrou a investigación de doutoramento de Roel Sánchez tamén presentan aptitudes para ser empregados noutro tipo de tratamentos, como podería ser para a hipertensión, segundo conclúe esta investigadora.

O catedrático do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC Juan Ignacio Ramos Martínez presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada baixo o título ‘ Estudo dos efectos biolóxicos de biomoléculas de orixe mariña sobre cultivos de células humanas e modelos animais de enfermidades humanas’. O profesor e investigador do Centro Interdisciplinario de Investigación Mariña e Ambiental (Ciimar) da Universidade de Porto, Ralf Ubatsa e a doutora en Bioloxía e investigadora de Laboratorio Cifga, Eva Cagide, completaron un xurado que acordou por unanimidade outorgar a máxima cualificación de sobresaínte cum laude á investigación de doutoramento realizada por María Roel.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.