Venres 29 Marzo 2024

Caixaimpulse elixe un proxecto galego para crear vacinas bacterianas

Un proxecto de biotecnoloxía da Fundación Profesor Novoa Santos, liderado polo investigador coruñés Germán Bou Arévalo, foi seleccionado pola Obra Social la Caixa e Caixa Capital Risc dentro do seu programa CaixaImpulse.

O proxecto da Fundación Novoa Santos -unha plataforma tecnolóxica para o deseño de vacúas bacterianas coas que tratar as infeccións, especialmente as causadas por microorganismos multirresistentes– é o segundo seleccionado dentro deste programa. Na súa edición anterior o Grupo de Oncoloxía Médica Transaccional do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) traballou nun kit de diagnóstico de gran sensibilidade para a predición do cancro colorrectal metastásico.

Publicidade

CaixaImpulse é o primeiro programa integral en España para a creación de empresas biotecnolóxicas, e ten como obxectivo impulsar a transformación do coñecemento científico en empresas e produtos do campo das ciencias da vida e da saúde que xeren valor na sociedade.

Caixaimpulse é o primeiro programa integral para crear empresas biotecnolóxicas

Jordi Portabella, director da área de Investigación e Coñecemento da Fundación Bancaria la Caixa, e Carlos Trenchs, director xeral de Caixa Capital Risc, presentaron os 20 proxectos seleccionados na segunda convocatoria do programa CaixaImpulse.

O programa CaixaImpulse seleccionou 20 iniciativas entre as 73 presentadas por distintos centros de investigación, hospitais e universidades. Os proxectos pertencen a diferentes comunidades do Estado: Andalucía (1), Cataluña (16), Galicia (1), Navarra (1) e Valencia (1). Todas as propostas enmárcanse nos ámbitos das ciencias da vida e as ciencias médicas e da saúde, e queren achegar innovacións e produtos para tratar patoloxías como a fibrosis quística, o cancro endometrial, lesións de xeonllo, a leucemia, infeccións multirresistentes, etc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primeiro mapa de bacterias resistentes: estes son as cinco principais de Galicia

O microorganismo de maior incidencia é 'Klebsiella pneumoniae', unha das enterobacterias máis perigosas polo amplo abano de infeccións que provoca

A investigación sobre “xenes saltóns” da USC recibe financiamento da Fundación “La Caixa”

O proxecto, liderado por José Tubío, recibirá preto de medio millón de euros para afondar no seu impacto sobre a proliferación tumoral

Unha investigación da USC sobre compostos antitumorais recibe o apoio de ‘la Caixa’

Un equipo do CiQUS, liderado por José Luis Mascareñas, obtén 300.000 euros por un proxecto centrado nas células nai cancerosas