Farmacias sen homoeopatía na Coruña, sinaldas no portal Sugarfree.

Farmacias sen homoeopatía na Coruña, sinaldas no portal Sugarfree.

Presentan Sugarfree, o buscador de farmacias sen homeopatía

O colectivo Farmaciencia promove este portal que axuda a atopar boticas que non promocionan nin venden estas pseudoterapias

Farmaciencia é unha comunidade de farmacéuticos que denuncia a homeopatía e outras pseudoterapias que non somentes non curan, senón que ademais poden ser un perigo para a saúde persoal e pública cando os pacientes tentan substituír con elas as terapias reais.

Co gallo do día internacional da homeopatía, este colectivo de farmacéuticos lanzou o portal Sugarfree, un buscador que permite localizar farmacias nas que nin se vende nin se publicita homeopatía.

A venda de presuntos remedios homeopáticos, que na meirande parte dos casos apenas son solucións de glucosa en auga, está permitida en farmacias en España, malia as continuas denuncias da comunidade científica sobre a súa inutilidade, que doutra banda supón un importante lucro para as compañías que promoven esta pseudociencia.

Sugarfree é unha iniciativa sen ánimo de lucro impulsada por Álex Fernández Nogueira co soporte da asociación Farmaciencia. Ademais dun buscador onde podes atopar boticas que nin vendan nin anuncien homeopatía, os usuarios tamén poden colaborar sinalando as farmacias que localizan que estean libres destes produtos.

Aquí podes consultar
o Portal Sugarfree

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.