Venres 29 Marzo 2024

Investigadores galegos relacionan a síndrome premenstrual co consumo de alcol

A partir da revisión analítica de 19 estudos previos de oito países diferentes con máis de 50.000 participantes, investigadores de Medicina Preventiva da USC e da Universidade de Southampton calculan que un de cada dez casos de síndrome premenstrual no mundo podería estar relacionada co consumo de alcohol.  Segundo a metaanálise realizada, as mulleres que consumen alcol teñen un risco de síndrome premenstrual un 45% máis alto que as que non beben. Os datos manexados polo equipo investigador elevan a 3.000 o número de días de malestar asociados a períodos menstruais que padecen as mulleres ao longo da súa vida fértil.

O estudo calcula que o consumo excesivo de alcol incrementa o risco nun 79%

A síndrome premenstrual é “un conxunto de síntomas físicos, psíquicos e comportamentais asociados ao ciclos menstruais”. Os máis característicos, explica o profesor da Facultade de Medicina da USC Bahi Takkouche, son a irritabilidade e inchazón abdominal, aínda que os cambios de humor, a ansiedade, a depresión, a perda de control, a fatiga, a dificultade de concentración, a ansiedade pola comida, así como a dor de cabeza ou de peito tamén forma parte da abano de posibles síntomas que conforman esta síndrome, explica o equipo internacional no que participa a USC e que acaba de publicar os seus estudos na revista British Medical Journal Open

Publicidade

O incremento de risco da síndrome premenstrual en consumidoras de alcol débese ás alteracións que provoca o alcohol nos niveis de hormonas sexuais esteroideas durante o ciclo menstrual e ás interaccións coa serotonina. Como explica Takkouche “o consumo excesivo incrementa o risco de padecer a síndrome nun 79%”.

Co título ‘Premenstrual syndrome and alcohol consumption: a systematic review and meta-analysis’, asinaron o traballo a matrona María del Mar Fernández, o profesor Bahi Takkouche e Jurgita Saulyte, os tres do Departamento de Medicina Preventiva da USC e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBER-ESP), e Hazel M. Inskip, da Universidade de Southampton. O mesmo equipo traballa actualmente no estudo do papel do tabaco e dos factores psicolóxicos na aparición da mesma síndrome.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Isto é o que lle ocorre ao teu fígado cando deixa o alcol

Este órgano ten asombrosos poderes autocurativos pero ten límites, así que máis vale non abusar del bebendo en exceso

Un esperanzador fármaco podería reducir as ganas de beber alcol

Achan unha proteína que diminúe a motivación por conseguir esta substancia en contextos asociados ao seu consumo

Como previr o consumo de drogas na adolescencia

Os mozos e mozas que non toman alcol ou cánnabis presentan un mellor funcionamento familiar e maior apoio social

Así se relaciona o consumo de alcol en xente nova co risco de demencia

A neuroinflamación inducida por esta droga relacionouse cos efectos neurotóxicos e neurodexenerativos que produce, máis marcados durante a adolescencia