Antón Barreiro, investigador do CIBUS da Universidade de Santiago.

Antón Barreiro, investigador do CIBUS da Universidade de Santiago.

Investigadores da USC atopan novas vías para rexenerar lesións de médula

No peixe cebra, a 'cobaia de acuario', a serotonina logra promover a rexeneración de neuronas motrices tras unha lesión medular

O investigador do Departamento de Bioloxía Celular e do CIBUS da USC Antón Barreiro xunto co dos doutores Becker na Universidade de Edimburgo traballan no estudo da impresionante capacidade de rexeneración espontánea que mostran os peixes como o pez cebra tras una lesión medular. En concreto, demostraron o papel fundamental que xoga a serotonina nese proceso e que pode levar ao deseño de novos fármacos para o seu uso en pacientes.

O peixe cebra é a cobaia dos peixes en experimentación.

O peixe cebra é a cobaia dos peixes en experimentación.

A diferenza dos humanos e do resto de mamíferos, o peixe cebra adulto é capaz de recuperar a natación de forma natural poucas semanas despois de sufrir unha lesión medular completa, algo que no caso dos humanos provoca a perda irreversible da función locomotora e sensorial por baixo do lugar da lesión. Pero máis alá da estabilización dos pacientes e terapias de rehabilitación, de momento non existe unha terapia efectiva que promova a rexeneración e recuperación funcional. “A nosa idea de traballo –explica Antón Barreiro– é tentar descubrir qué vías moleculares se activan e interveñen no proceso de rexeneración tras unha lesión medular no peixe cebra”.

O peixe cebra é utilizado para experimentación e está considerado unha auténtica ‘cobaia de acuario‘ polo seu valor como estándar en investigación e porque reproduce algúns procesos moi similares aos dos humanos.

A prestixiosa revista Cell Reports publica os resultados desta investigación

Os investigadores demostraron recentemente –nun estudo que acaba de ser publicado na prestixiosa revista Cell Reportsque a serotonina, coñecida polo seu papel como neurotransmisor no sistema nervioso, promove tanto o desenvolvemento embrionario de motoneuronas espinais como a rexeneración destas tras unha lesión medular en adultos de peixe cebra. As motoneuronas son as neuronas da medula espinal que innervan a musculatura para controlar a súa contracción e relaxación. En humanos, enfermidades dexenerativas ou danos traumáticos medulares provocan a morte destas neuronas e por tanto a perda da capacidade de controlar a musculatura corporal.

Estudos previos demostraron que no peixe cebra adulto se xeraban novas motoneuronas tras unha lesión medular, pero nunca en humanos adultos. Agora nós evidenciamos o importante papel da serotonina na proliferación das células nai que dan lugar a novas motoneuronas na medula espinal, o que dá pé a sentar as bases para o desenvolvemento futuro de terapias que promovan a produción ou supervivencia desas motoneuronas en humanos que sofren procesos dexenerativos ou que sufriron danos medulares traumáticos”, explica Barreiro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.