Laboratorios de Anfaco.

Laboratorios de Anfaco.

Os laboratorios de Anfaco, pioneiros na detección dos alérxenos en alimentos

O centro tecnolóxico da patronal da conserva, con sede en Vigo, é o único que posúe unha lista de ensaios acreditada

Os laboratorios de Anfaco (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados), con sede no campus de Vigo, veñen de converterse en pioneiros na detección de todos os alérxenos presentes nos alimentos, segundo a normativa que marca a Unión Europea. A súa unidade especializada en Bioloxía Molecular é o único centro tecnolóxico acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) que posúe unha lista de ensaios baixo acreditación (LEBA) dividida en tres categorías: detección de alérxenos, detección de especies e identificación de especies ou xéneros en alimentos para consumo humano e animal.

Deste xeito, os investigadores de Anfaco xa poden detectar a tempo real calquera tipo de alérxeno presente nos alimentos, entre os que destacan os crustáceos, moluscos, peixe ou unha gran variedade de froitos secos, así como outros produtos tales que a soia, o glute, o apio, a mostaza e as proteínas lácteas ou de ovo.

Este avance supón un importante impulso para a actividade investigadora da asociación, xa que permiten anticiparse ás necesidades do sector e adaptarse á normativa europea, que procura a protección da saúde dos consumidores e, por tanto, esixe o correcto etiquetado de todos os alimentos.

Entre as técnicas empregadas polos laboratorios de Anfaco, destacan o diagnóstico molecular a través da reacción en cadea da polimerasa (PCR) ou a secuenciación do ADN.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.