Xoves 28 Marzo 2024

Os compostos metálicos poderían axudar a loitar contra o cancro

A loita contra o cancro podería ter novos aliados. A enxeñeira química Rocío Carballido acaba de presentar na USC a súa tese de doutoramento, onde abre unha liña de investigación de cara ao estudo de compostos metálicos con potenciais aplicacións como axentes antitumorais ou antioxidantes. A tese, que leva o título de ‘Arquitecturas supramoleculares autoensambladas derivadas de hidrazona, carbamato e tiosemicarbazona’, foi dirixida polas profesoras de Química Ana González e Rosa Pedrido e pola docente Laura Rodríguez, da Facultade de Ciencias do Campus Terra de Lugo

No traballo abórdase a síntese e o estudo de compostos metálicos que presentan diferentes arquitecturas metalosupramoleculares (helicatos, mesocatos…), derivadas de moléculas orgánicas do tipo bishidrazona, biscarbamato, bistiosemicarbazona e tristiosemicarbazona.

Publicidade

Os resultados demostran a baixa toxicidade dos sistemas seleccionados

Rocío Carballido centrou as súas pescudas nalgúns compostos metálicos preparados para realizar estudos pola súa potencial aplicación como axentes antitumorais ou tamén como antioxidantes. Así, desenvolveu diversos ensaios de citotoxicidade en eritrocitos humanos, así como outros estudos relativos á súa interacción con diversas proteínas e oligonucleótidos. Os resultados das investigacións feitas pola xa doutora demostraron o baixo nivel de toxicidade que presentan os sistemas previamente seleccionados para este estudo, unha características que os converte en candidatos altamente acaídos para a súa proba e testaxe como fármacos antitumorais fronte a diversas liñas celulares.

Rocío Carballido estudou asemade no marco da súa investigación de doutoramento as posibilidades que ofrece un composto de cobre como catalizador biomimético da enzima catalasa e que, tralas conclusións acadadas, resulta ser un altamente eficiente fronte ao estrés oxidativo.

O tribunal, presidido polo profesor emérito do Departamento de Química Inorgánica da USC Manuel Rafael Bermejo Patiño, e composto tamén por Ana Isabel Matesanz García e Delfina Couce Fortúnez, docentes do mesmo departamento cualificaron con sobresaínte cum laude a investigación de doutoramento desenvolvida por Carballido Piñeiro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC