Venres 29 Marzo 2024

Oncomet pecha con éxito a súa campaña recadando 548.000 euros

Todo un éxito. A campaña de mecenado para investigar na biopsia líquida do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago superou os seus obxectivos. Pedían medio millón de euros en doazóns. E pecharon a iniciativa ás 00.00 horas do mércores 12 de abril cunha recadación total de 548.178 euros.

A recadación destinarase a compra de tecnoloxía, a contratar persoal e a aplicar avances a través da análise de mostras de máis de 300 pacientes galegos, sobre todo de cancro de colon e mama.

Publicidade

O obxectivo que perseguen é “desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores mediante mostras de sangue (Biopsia Líquida) de pacientes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos que se produce a metástase ou se desenvolven resistencias aos distintos tratamentos”.

En concreto, buscan marcadores que proporcionen información sobre o tratamento que é mellor escoller e en que momento os pacientes deixan de responder ao devandito tratamento. Tamén buscan marcadores que permitan diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns. A biopsia líquida é unha das principais liñas de investigación internacionais para avanzar contra o cancro.

Máis de 4.000 persoas fixeron doazóns na campaña de Oncomet. Na súa inmensa maioría foron cidadáns a título individual, aos que se sumaron iniciativas colectivas, dende carreiras populares, mercadillos ou recadacións en diferentes asociacións. O éxito deste campaña de Oncomet é un fito na historia da investigación non so en Galicia, senón en toda España, onde non hai precedentes dunha movilización como esta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Un estudo constata o potencial da dieta atlántica para reducir o risco de síndrome metabólica

A investigación foi realizada polo IDIS e publicada na revista científica 'JAMA Network'

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T