Laboratorio de Oncomet.

Laboratorio de Oncomet.

Oncomet comeza a selección de pacientes para investigar na biopsia líquida

O grupo de investigación centrará a toma de mostras nos pacientes con tumores de colon, pulmón, páncreas e melanoma

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) de Santiago de Compostela recibiu xa o visto e prace do Comité Ético de Investigación para comezar a recrutar pacientes no estudo que desenvolve, co obxectivo de validar novas técnicas de análise para a biopsia líquida. As mostras comezaranse a tomar no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e posteriormente iranse sumando outros hospitais galegos.

Os oncólogos ofrecerán aos pacientes de determinados tumores a posibilidade de participar na investigación. E, en caso de aceptar, tomaranse mostras de sangue para o seu estudo. Dependendo do tumor, poderanse obter varias mostras dunha mesma persoa ao longo do tratamento. Traballarase, principalmente, nos tumores de colon, pulmón, páncreas y melanoma. Desde Oncomet esperan poder estudar arredor de 500 mostras durante os vindeiros meses.

Oncomet sinala que a participación nas probas non suporá ningún cambio no tratamento

Desde o grupo de investigación sinalan que a participación nestas probas non suporá ningún cambio no tratamento do cancro, nin ningún beneficio a maiores de contribuír ao avance no coñecemento e manexo destas técnicas. Unha vez obtidos os resultados e as conclusións, Oncomet comunicará os resultados á comunidade científica e á sociedade galega.

Tal e como sinalan desde o equipo investigador, o traballo enmárcase dentro dun proxecto de investigación, non dun ensaio clínico nin unha proba diagnóstica que teña aplicacións clínicas de xeito inmediato. A previsión, indican, é que en dous anos se poidan obter os primeiros resultados do proxecto e que en clínica se poidan ver nun prazo de catro ou cinco anos.

Por outra banda, no marco do programa Principia da Axencia Galega de Innovación (Gain), Oncomet conta con dous novos contratos de investigación financiados por este organismo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.