Acto de Oncomet. Imaxe: FB de Oncomet.

Acto de Oncomet. Imaxe: FB de Oncomet.

Oncomet comezará este ano a seleccionar pacientes para a biopsia líquida

O grupo de investigación presentou os primeiros investimentos despois de recadar máis de 640.000 euros na campaña de mecenado

Despois de moito tempo de traballo e grazas, en gran parte, ás aportacións da campaña de mecenado que levou a cabo hai uns meses, o grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet), con sede en Santiago de Compostela, achégase cada vez máis a comezar o tratamento cos pacientes de cancro a través da biopsia líquida.

Esta mañá, o director do Oncomet, Rafael López, detallou os primeiros investimentos realizados grazas á colaboración dos milleiros de mecenas que aportaron o seu grao de area ao proxecto.”Grazas á sociedade civil, Galicia está na vangarda da investigación da biopsia líquida”.

Apenas unhas semanas despois de rematar a campaña, chegou aos laboratorios composteláns o Parsotrix, un equipo que presenta un rendemento moi alto na recuperación de células tumorais circulantes. O segundo dos aparellos, cedido en proba a Oncomet pero que será comprado en breve, permite analizar, cunha gran sensibilidade, o material xenético que liberan as células tumorais ao sangue.

Ademais, López anunciou que nos vindeiros meses, antes do final de 2017, comezará a selección de pacientes para ser tratados coa biopsia líquida. Analizarán as mostras de afectados por cancro con metástase en tumores de alta incidencia, como os de pulmón e colon, así como os melanomas e de páncreas.

O equipo humano de Oncomet tamén se viu reforzado coa aportación dos cidadáns. Así, neste mes incorporouse ao grupo un investigador con longa experiencia no eido da bioloxía molecular e da xenética aplicada.

Rafael López tamén incidiu na necesidade de aumentar a aposta pola investigación médica, destacando que as axudas procedentes da Administración Pública se atopan actualmente nos niveis de 2005 ou 2006.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.