Carlos Peña, cardiólogo; Milosz Jaguszewski, do Hospital da Charité, en Berlín; e Emad Abu Assi, cardiólogo do CHUS.

Carlos Peña, cardiólogo; Milosz Jaguszewski, do Hospital da Charité, en Berlín; e Emad Abu Assi, cardiólogo do CHUS.

O Sergas colabora no gran estudo do Takotsubo, síndrome do ‘corazón roto’

O CHUS trata cada ano entre 20 e 30 pacientes con esta doenza na que un disgusto sentimental provoca os síntomas dun infarto

O cardiólogo polaco Milosz Jaguszewski presentou no Hospital Universitario de Santiago os resultados que ven de publicar do primeiro rexistro da Miocardiopatía de Takotsubo do mundo, ou síndrome do “corazón roto” no que se inclúen resultados de 26 centros, de 7 países. O servizo de Cardioloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago participa na segunda fase ampliada deste rexistro internacional liderado polo Cardiovascular Center of Zurich para entender mellor a enfermidade, os mecanismos que a produce, o seu tratamento e o seu prognóstico a longo prazo. O Hospital Clínico Universitario de Santiago trata na súa Unidade Coronaria entre 20 e 30 pacientes ao ano con esta patoloxía.

O CHUS traballará na segunda fase do estudo internacional sobre Takotsubo

A síndrome de Takotsubo, descrito por primeira vez en 1991 nun doente xaponés, prodúcese cando parte do corazón paralízase como unha resposta cardiaca ante un estrés intenso. Sen embargo non foi ata 2001 que a Clínica Mayo, en USA, estableceu a definición da patoloxía, que se produce predominantemente en mulleres de mediana idade, tras presentar na maioría dos casos un desencadenante emocional agudo; tristeza intensa, ansiedade reactiva, enfado ou medo esaxerado, ou estrés físico, tras unha cirurxía ou enfermidade grave. Aínda que non se coñece o mecanismo desta enfermidade pénsase que esta mediado por un exceso de secreción de adrenalina.

Clínicamente cursa con sensación de afogo ou dor torácica, podendo recordar en moitas ocasións a un infarto agudo de miocardio. Diferénciase do infarto en que as arterias coronarias non se atopan danadas pero unha parte do músculo cardíaco deixa de contraerse. Afortunadamente co paso dos días na maioría dos pacientes o corazón recupérase de forma completa, volvendo a ter capacidade para funcionar a parte que se atopaba paralizada. A mortalidade hospitalaria é moi variable, pero sempre inferior ao 10% e nalgún caso os doentes presentan episodios semellantes ao cabo do tempo.

Podes ler máis información sobre o Takotsubo
nesta reportaxe da nosa sección ToloCiencia

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.