Sábado 20 Abril 2024

O novo hospital de Vigo recoñece o positivo de Aspergillus

O Aspergillus é o causante da paralización do traslado ao novo hospital de Vigo. Quince días despois de que GCiencia revelase a existencia do fungo nas análises realizadas no Álvaro Cunqueiro, a dirección do centro confirmou a súa detección en distintas mostras ambientais. Malia que o único valor de bioseguridade admisible de aspergillus fumigatus nun quirófano é cero ufc (unidades formadoras de colonias), as análises revelan cantidades superiores a 40 ufc e nalgún caso próximo a 100.
Pero estes niveis non foron confirmados nin desmentidos pola dirección do centro, que limitou os positivos a tres dos exames realizados, un 1% do total. Así o recoñeceu este martes o  xefe de servizo de Medicina Preventiva do hospital, Víctor del Campo, nunha comparecencia xunto ao xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial. A súa afirmación desmente as da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen o 1 de setembro negou de forma categórica a presenza de Aspergillus nas análises.

A conselleira Rocío Mosquera negou a presenza de Aspergillus o 1 de setembro

Del Campo revelou que se tomaron unhas 300 mostras ambientais de aire, das que un 3%  presentaba “resultados non adecuados”. Destas, un terzo, tres mostras do total, tiña presenza do fungo Aspergillus, do que lembrou que é ubicuo. En efecto, o Aspergillus é ubicuo, polo que e a maioría das persoas frecuentemente están expostas a el. As infeccións causadas polo fungo rara vez acontecen nas que teñen cun sistema inmunitario normal, pero en pacientes inmunodeprimidos como os que son habituales nun hospital pode ser mortal.  No Álvaro Cunqueiro deuse un caso de aspersxelose grave, pero Sanidade sostén que o contaxio non se produxo no hospital
As principais formas de infección son a asperxilose pulmonar de tipo broncopulmonar alérxica, o asperxiloma ou bóla fúnxica e a asperxilose pulmonar de tipo invasor, unha infección grave con pneumonía que se pode diseminar a outras partes do corpo. Das súas máis de 600 variedades, o aspergillus fumigatus é o que maior número de infeccións causa, seguido do flavus. A súa presenza é unindicador indirecto dun mal funcionamento ou mantemento do sistema de ventilación, da limpeza ou da circulación de aparatos e persoas no quirófano.
Sen embargo, o responsable de Medicina Preventiva descartou que a contaminación ambiental detectada ata agora puidese ter unha relación directa con obras que se están levando a cabo no hospital, aínda que recoñeceu que “nun hospital sempre hai obras”. En todo caso, precisou que, nas últimas semanas, non houbo traballos nas zonas críticas do novo centro e, nas zonas en que si houbo, mantívose a supervisión de Medicina Preventiva.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días

O cribado de cancro colorrectal non supera o 50% de participación

O seguemento temperá dos sangrados e a realización dunha colonoscopia pode previr ata nun 90% a aparición de cancro en pacientes