Sábado 20 Abril 2024

Neogalfarm: novos fármacos galegos contra o cancro

Varias empresas e institucións galegas presentaron este luns no CiMUS o proxecto Neogalfarm, unha iniciativa destinada á procura de novos medicamentos para o tratamento contra o cancro. Os esforzos centraranse no desenvolvemento de terapias dirixidas a diversas dianas terapéuticas e de tratamentos combinados.

En Neogalfarm participan as empresas AMSlab, Galchimia (gañadora dos Premios Galicia Spin-Off, que organiza GCiencia), Nanogap e Oncostellae, e varios grupos de investigación da USC, o IDIS e o centro Leitat. Ademais, a iniciativa está subvencionada pola Axencia Galega de Innovación, a través do programa Conecta Peme, confinanciado polo Feder e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Publicidade

No acto deste luns, presentado por Carme Pampín, CEO de Galchimia, tamén interviron Manuel Lolo, de AmSlab, Tatiana López, de Nanogap, Jacobo Cruces, de Galchimia, e Guido Kurz, de Oncostellae.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Un proxecto galego desenvolve un sistema de detección de covid rápido e barato

O obxectivo é crear un dispositivo eficaz compatible con métodos de diagnóstico e flexible para aumentar a capacidade de resposta

TripleAlpha, o “big data” que se pode comer

A empresa de Padrón aplica a analítica de datos para mellorar a rendibilidade de sectores estratéxicos como o da alimentación

Dúas compañías galegas desenvolverán ‘kits’ de biopsia líquida contra o cancro

AMSlab e Nasasbiotech participan nun proxecto do Servizo Andaluz de Salud para mellorar o diagnóstico e o tratamento de tumores de mama, colon e pulmón