Sábado 20 Abril 2024

Negativo en ébola do paciente illado en Vigo e positivo en malaria

Non é un caso de ébola. É malaria. As análises de laboratorio veñen de desactivar o protocolo de alarma ante casos de ébola que foi aplicado a un paciente de Guinea Conakri, de 24 anos de idade, que ingresou o martes no Complexo Universitario da Coruña con síntomas de febre, diarrea e vómitos. O doente foi trasladado de urxencia ao hospital do Meixoeiro de Vigo, o centro designado para illamento en emerxencias por ébola. Pero os resultados desmontan a alarma.
O paciente entrou na tarde do martes e, unha vez triado e atendido, tras comprobar que cumpría criterios epidemiolóxicos e clínicos compatibles con infección polo virus do ébola, activouse o protocolo de actuación nestes casos. O doente era un varón guineano de 24 anos de idade, que se atopaba en Galicia visitando á súa familia e que ingresou con febre alta. Segundo un portavoz do Sergas, volou dende Guinea Conakry a Lisboa, para trasladarse por estrada ata A Coruña, onde chegou o pasado luns. O subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, indicou que o varón chegou ás 15,00 horas do martes ao servizo de urxencias do Chuac e ás 15,45 horas identificaron a posibilidade de que ter a consideración de caso sospeitoso. Chegou “andando e febril“. Ademais, tiña un cadro de vómitos e diarrea, aínda que o seu estado clínico “é bo e está consciente e colaborador”, segundo a Xunta.

Virus del ébola.
Virus del ébola.

Ao hospital desprazáronse responsables de Saúde Pública para, conxuntamente co equipo do centro, servizo de Medicina Preventiva, Dirección, Infecciosos, Microbioloxía e servizo de Urxencias, abordar a sospeita epidemiolóxica. Seguindo os protocolos se tomaron as mostras necesarias para confirmar ou descartar unha infección polo virus do Ébola, que foron enviadas para a súa análise no Centro Nacional de Microbiología en Madrid. Os resultados desbotan ébola.
Posteriormente e seguindo o que marcan os protocolos, o paciente foi trasladado nun dispositivo especial do 061, ao centro de referencia para os casos de sospeita de posibles infección polo virus do Ébola en Galicia, no Hospital Meixoeiro de Vigo.
Non é a primeira vez que un caso de malaria activa o protocolo do ébola. No ano 2014, xa pasou en Barcelona, Mallorca, Murcia e Zaragoza, onde se activaron os dispositivos especiais para o virus ébola e o resultado final foi a enfermidade que provoca o parasito da malaria.
A Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública emitiu unha nota na que agradecen aos profesionais tanto do CHUAC como do CHUVI “a súa xenerosidade e imprescindible colaboración, así como aos seus correspondentes equipos directivos, grazas aos cales é posible manter a alta calidade asistencial”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O fentanilo non é novo en Galicia: “O seu consumo vai ligado a outras drogas"

O CHUAC non observa unha repunta dos casos, aínda que se rexistran de maneira ocasional en persoas intoxicadas tamén por heroína e cocaína

Un posible contaxio de ébola reabre a alerta sanitaria tralo primeiro caso en 2014

Unha antropóloga que viaxou a África presenta unha sintomatoloxía grave, aínda que se atopa estable nun hospital de Donostia (País Vasco)

Un equipo do CHUAC extirpa por primeira vez un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

A paciente foi unha muller de 60 anos, que evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio

O virus de Marburgo, unha ameaza tan real como mortal

En España acitvouse o protocolo de actuación ante un caso sospeitoso, o dun home que viaxou a Guinea Ecuatorial