Galicia suma xa 107 mortos por gripe nesta campaña.

Galicia suma xa 107 mortos por gripe nesta campaña.

Está morrendo máis xente por gripe este ano en Galicia?

A cifra de falecidos (107) xa é maior que nas campañas de 2014, 2015 e 2016 e supera en 21 persoas ás cifras da mesma semana de 2017

Desde o primeiro informe publicado polo Sergas, a mediados de novembro de 2017, faleceron en Galicia 107 persoas por gripe. Todas elas, segundo sinala a Dirección Xeral de Saúde Pública, tiñan indicada a vacina, ben por idade ou por factores de risco que poderían complicar gravemente a doenza, aínda inmunizándose contra o virus. Non en tanto, 46 destas persoas non puxeran a vacina.

Estas cifras de falecementos por gripe superan xa o total de cada unha das campañas de 2014 (53), 2015 (58), e 2016 (104). Ademais, os datos de 2018 están bastante por riba da mesma semana de 2017, cando a gripe deixara 78 vítimas mortais no país, 29 menos ca este ano.

Os datos de ingresos tamén amosan un incremento. Desde o comezo da tempada e ata o 4 de febreiro contabilizáronse 2.141 ingresos con gripe confirmada. Destaca, como xa subliñou o catedrático Juan Gestal, a predominancia do virus da gripe B (un 67% dos ingresos). O 90% destas persoas tiñan indicada a vacina antigripal, mais o 50% delas non a puxo. O ano pasado, nas mesmas datas, ingresaran 1.504 persoas.

Maior control

Desde o Sergas atribúen este incremento de mortes por gripe ao maior número de probas que se fan nos últimos anos para detectar o virus. Un maior control que, como consecuencia, fai aumentar as vítimas de falecidos e ingresados. Así o corroboran estudos realizados a nivel estatal, que subliñan que “o diagnóstico de gripe aparece con pouca frecuencia no apartado ‘causa fundamental’ dos certificados de defunción“. E, por outra banda, sinalan os mesmos estudos, “moitas mortes por infección gripal ocorren por complicacións secundarias cando xa é moi difícil detectar signos de infección gripal e xa se esqueceu a causa que motivou a descompensación da enfermidade de base do doente”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.