Xoves 18 Abril 2024

Ourense e Lugo, na maior taxa de persoas que chegan aos 100 anos

As provincias de Lugo e Ourense teñen un índice de centenarios moi por riba da media do Estado, e sitúanse entre as cinco provincias onde é máis común superar esta idade. A taxa de centenarios de Ourense é de 77,2, con 240 persoas con máis de 100 anos sobre unha poboación total de 311.648 habitantes. Este índice só é superado por Soria (84) e está igualado con Zamora (77,5). Lugo ocupa a quinta posición do Estado, cun índice de 70 puntos e 233 centenarios nunha poboación de 333.574 habitantes.

Fronte aos altos índices de centenarios nas provincias do leste de Galicia, na fachada atlántica as taxas baixan case á metade. En Pontevedra é de 40, mentres que A Coruña só chega ao 31,9.

Publicidade

Os novos datos veñen dun estudo realizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas e dirixido por Antonio Abellán, do Grupo de Investigación sobre Envejecimiento. O traballo, titulado Un perfil das personas maiores en España, 2017 Indicadores estadísticos básicos, revela que en Galicia hai un total de 1.208 centenarios. Están repartidos por provincias deste xeito: Pontevedra (377), A Coruña (358), Ourense (240) e Lugo (233).

A esperanza de vida en Galicia está a medrar e xa chega aos 83,04 anos

A esperanza de vida no país medrou nos últimos anos de xeito considerable. En todo o mundo, só España e Xapón alcanzan os 83 anos, un selecto club de élite no que Galicia vén de entrar, cunha esperanza de vida de 83,04 anos, tras subir medio punto (0,42%) no 2014 fronte ao ano 2013 (82,69 anos).

No caso de Galicia, o aumento da esperanza de vida é espectacular nos últimos anos. Os galegos viven hoxe de media 6 anos e 6 meses máis que hai só un cuarto de século. En 1991, a idade media de falecemento eran 76,85 anos fronte aos 83,04 da actualidade.

Como acontece noutras rexións desenvolvidas, en Galicia está a reducirse a gran diferencia entre homes e mulleres. En 1991, elas vivían de media 7,5 nos máis que eles. Vintecinco anos despois, elas viven 6,32 nos máis. E a tendencia é que homes e mulleres galegos vivan os mesmos anos de media. O tabaquismo, a alimentación, os estilos de vida están a igualarse. E semella que este factor é o máis determinante, por riba dalgunha vantaxe xenética vencellada ao sexo. De feito, esta estatística é recente. Porque ata mediados do século XX, eran os homes sempre máis lonxevos, como consecuencia da elevada mortandade consecuencia dos partos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña