Martes 23 Abril 2024

José Faro, da UVigo, publica en “Nature Communications” sobre as doenzas autoinmunes

O científico do grupo de Inmunoloxía e investigador do Cinbio da Universidade de Vigo José Faro acaba de publicar un artigo na revista Nature communications, como colaborador cun grupo do Instituto de Medicina Molecular da Universidade de Lisboa. O docente é asinante co-senior xunto co experto portugués Luis Graça, sendo ambos os supervisores do estudo. O artigo é a continuación doutro traballo publicado en 2011 que, como explica o investigador do Cinbio foi “froito de un proxecto financiado polo Estado español que eu tiña acadado en 2008 sobre un estudo matemático-experimental dos procesos inmunolóxicos chamados ‘Reacción de Centro Xerminal’, no que contei coa colaboración do Inmunólogo experimental Luis Graça, do Instituto de Medicina Molecular (IMM) da Universidade de Lisboa”. Lembra que naquel traballo fixeron un achado moi importante no eido da inmunoloxía, “un tipo de linfocito T que chamamos ‘linfocito T regulador folicular’, unha descuberta que “foi en parte debida a un traballo previo teórico-matemático do meu grupo na Universidade de Vigo”, remarca Faro, que acaba de regresar a Vigo tras unha estadía de investigación en Israel.

Faro acaba de regresar a Vigo tras unha estadía en Israel

Respecto ao artigo actual, o investigador vigués detalla que é “consecuencia da continuación da miña longa colaboración co doutor Luis do Instituto de Medicina Molecular e da financiación dun proxecto polo Estado portugués”. A idea básica e o deseño experimental foron concibidos conxuntamente polo propio Faro e polo doutor Luis Graça e como explica o científicos vigués “os dous somos asinantes co-sénior, supervisores do estudo, contribuíndo á discusión dos resultados e á súa escrita”. O primeiro asinante é unha estudante de doutoramento que fixo a maior parte do traballo experimental e completan a lista de asinantes unha investigadora do grupo de Luis Graça, catro investigadores do Hospital Pitié-Salpêtriére de Parí) que realizaron algúns experimentos e contribuíron á análise dos dados e un investigador do Hospital Pitié-Salpêtriére e outro xaponés do Riken Center for Integrative Medical Sciences de Kanagawa, que contribuíron, respectivamente, con software e importantes reactivos.

Publicidade

Respecto aos contidos do artigo, Jose Faro detalla que “as células plasmáticas e linfocitos B de memoria específicos de antíxeno, responsables da produción de anticorpos a longo prazo, son xerados mediante procesos activados por linfocitos T ‘helper’ foliculares (Tfh) e controlados por linfocitos T reguladores foliculares (Tfr)”. Estes dous tipos de linfocitos T son xerados, á súa vez, durante a inmunización con antíxenos proteicos, de xeito que, se os linfocitos Tfr e Tfh tivesen ambos un repertorio de receptores de antíxeno (TCR) sesgado cara ao antíxeno inmunizante, “ambos conxuntos de receptores TCR deberían ser moi parecidos” e esta é a hipótese que se presenta no artigo publicado na revista Nature Communications. Neste estudo as científicas e científicos asinantes demostran que “os linfocitos Tfh e Tfr teñen repertorios de TCR realmente diferentes entre si, e isto suxire que os primeiros son específicos do antíxeno inmunizante e os segundos son principalmente autorreactivos, unha cuestión que aínda está por demostrar e que podería axudar a comprender como se orixinan polo menos algúns tipos de enfermidades autoinmunes”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O CINBIO, seleccionado para crear os dispositivos que marcarán o futuro da enerxía solar

No marco do consorcio europeo ‘Adaptation’, a entidade elaborará partículas capaces de captar luz do Sol con capacidade de refrixeración

Por que o exercicio físico axuda a que os tratamentos médicos funcionen mellor?

É unha ferramenta barata, fácil de usar e moi efectiva coa que podemos mellorar o prognóstico da maioría de enfermidades