Tomás Sobrino e José Castillo, dous dos investigadores do IDIS que asinan o estudo. Foto: IDIS.

Tomás Sobrino e José Castillo, dous dos investigadores do IDIS que asinan o estudo. Foto: IDIS.

Científicos galegos atopan un medicamento que reduce o dano da hemorraxia cerebral

O fármaco atopado por investigadores do IDIS e de Navarra, xa probado en animais, mellora a recuperación funcional e frea o dano neurolóxico

As hemorraxias cerebrais, tamén coñecidos como ictus hemorráxicos, supoñen só entre un 15 e un 20% de todos os ictus – o resto adoitan ser obstrutivos -, pero de cada 10 persoas que as sofren, entre tres e catro falecen. Ademais, este accidente cerebrovascular é unha das principais causas de incapacidade grave nos adultos. Cómpre, por tanto, buscar camiños que reduzan os danos causados por esta doenza. Varios científicos do IDIS de Santiago (José Castillo, Tomás Sobrino, Esteban López, Alba Vieites e Francisco Campos) xunto a investigadores do Centro de Investigación Médica Aplicada (CIMA) da Universidade de Navarra, demostraron a eficacia dun novo composto, chamado CM352, para o tratamento da hemorraxia intracerebral.

Os resultados, xa confirmados en animais, acaban de ser publicados no último número da revista Journal of the American Heart Association. Os investigadores explican que a molécula atopada reduce o dano neurolóxico e mellora a recuperación funcional tras a hemorraxia. “CM352 é un potente axente antihemorráxico cun mecanismo de acción seguro e efica. O traballo de investigación conxunto demostrou que detén o sangrado intracerebral e reduce a inflamación, o que conduce a unhas lesións cerebrais máis pequenas e a unha mellora da recuperación funcional”, explican os doutores Josune Orbe, investigadora do CIMA, e Tomás Sobrino.

Este achado pode supoñer un importante avance no tratamento da hemorraxia cerebral, xa que a pesar do seu impacto social e económico, non ten actualmente ningún tratamento eficaz e específico e o prognóstico destes pacientes non conseguiu mellorar significativamente nas últimas décadas. Así, o CM352 pode constituír unha nova estratexia contra o ictus hemorráxico. “A partir de agora, a investigación vai centrarse en analizar os factores que regulan a eficacia desta molécula en mostras de pacientes con hemorraxia intracerebral co fin de deseñar os futuros ensaios clínicos. O obxectivo final é a integración dos estudos preclínicos e clínicos que permita desenvolver un novo tratamento antihemorráxico nesta patoloxía”, conclúen os investigadores.

Unha resposta a “Científicos galegos atopan un medicamento que reduce o dano da hemorraxia cerebral”

  1. Anónimo

    Enhorabuena me alegro muchísimo de que se haya avanzado en está terrible enfermedad tan dañina gracias a los equipos de investigación hacen falta más y mejores aquí en España los tenemos maravillosos pero tienen que dejarlos y financiarlos y no que se nos marchen de España tenemos muchas más enfermedades que investigar en su trayectoria. Una vez más muchas gracias

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.