HAC1

Fachada do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A gripe suma 25 mortes máis en Galicia na última semana

O Sergas certifica que o número de falecidos alcanza xa as 200 persoas, das que 109 estaban vacinadas

A tempada de gripe continúa en Galicia, que sumou 25 mortes máis por esta doenza na última semana, segundo os datos publicados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). As persoas falecidas con gripe ascenden xa a 200 desde o inicio da tempada actual, o que implica un aumento de 25 casos na última semana, na que había 175 rexistrados.

Así consta no décimo sétimo informe de ‘Vixilancia da gripe en Galicia‘, correspondente á semana que rematou o 4 de marzo. Das 200 persoas falecidas, concreta o Sergas no seu informe, 199 tiñan indicada a vacina antigripal, ben por idade ou ben por ter factores de risco para padecer unha gripe complicada, e 90 delas non estaban vacinadas.

Desde o inicio da tempada declaráronse 3.204 casos con gripe confirmada en Galicia, 171 máis que a semana pasada, dos cales o 62 por cento tiña o virus da gripe B; o 2%, gripe A e B; e o resto virus da gripe A.

O Sergas apunta que o 90 por cento do total dos pacientes ingresados durante esta tempada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 50 por cento non a poñía.

O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas (IRA) mostra, sinala o Sergas no informe, unha “tendencia estable” respecto da semana anterior e continúa nun “nivel de intensidade basal”.

Unha resposta a “A gripe suma 25 mortes máis en Galicia na última semana”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.