Voluntarios e responsables de Terra de Homes e persoal de La Esperanza despediron onte a Gracia.

Voluntarios e responsables de Terra de Homes e persoal de La Esperanza despediron onte a Gracia.

Gracia, a nena de Togo operada en Compostela grazas a unha ONG

Terra de Homes busca familias de acollida en Santiago para operar a meniños do seu programa "Viaxe cara a vida"

Voluntarios e responsables da ONG Terra de Homes e persoal do Hospital La Esperanza de Santiago de Compostela celebraron onte á tarde a despedida de Gracia, unha nena de Togo que foi operada dunha complicada patoloxía dixestiva da que non podía recibir tratamento no seu país de orixe. Naceu sen ano, e nos últimos meses someteuse a dúas operacións e a un longo proceso de adaptación para reconstruírllo. A de Gracia é unha nova vida salvada grazas ao programa “Viaje hacia la vida” que leva a cabo esta organización, polo cal nenos e nenas de varios países africanos son operados en Galicia e España de doenzas que non poden ser tratadas nos seus países de orixe.

Gracia, de 14 meses, conviviu durante o último medio ano cos seus pais de acollida, Isa e Pepe, e as súas fillas, mentres seguía o seu tratamento. Agora, xa coa alta médica, regresará o vindeiro día 14 a Togo, onde se reencontrará coa súa familia e comezará unha nova vida, unha vez superados os seus problemas de saúde.

Familias de acollida

Raúl Besada, responsable de Terra de Homes en Galicia, recordou durante o acto de despedida que precisan máis familias de acollida en Santiago, onde levan traballando ano e medio, para poder traer máis nenos e nenas a operarse. As persoas interesadas poden pedir máis información no correo deleg.galicia@tierradehombres.org ou no teléfono 628 367 030. A ONG comezou a súa labor en Galicia na Coruña, onde xa interviron a preto dun cento de crianzas con cardiopatías conxénitas e outras enfermidades.

No Hospital La Esperanza, que mantén un convenio con Terra de Homes, Gracia foi atendida polo equipo médico composto polos cirurxiáns Méndez Gallart e Gómez Tellado e dirixidos por Eduardo Granja.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.