Venres 29 Marzo 2024

O radon podería estar tamén relacionado coa EPOC e o cancro de estómago

O gas radon é un grave problema de saúde en Galicia. Debido á elevada cantidade de solos graníticos do noso territorio, este elemento radioactivo infíltrase nas vivendas. A exposición ao gas é a segunda causa de cancro de pulmón, só por detrás do tabaco, e a primeira entre non fumadores. Agora, unha tese doutoral presentada na USC amosa indicios de que a exposición a radon residencial podería estar asociada coa aparición de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) e cos ingresos por esta enfermidade, ao igual que podería haber algunha relación co cancro de estómago.

A investigadora Raquel Barbosa, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, empregou os datos do Mapa de Radon de Galicia elaborado na USC para coñecer se a exposición a radon residencial pode estar relacionada con cancros diferentes ao pulmonar ou coa enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Non en tanto, a doutora insiste en que se ben estes resultados deben ser tomados con cautela, os mapas de radon “poden empregarse para analizar a súa relación con outras enfermidades”.

Publicidade

A tese, titulada ‘Uso epidemiolóxico dos mapas de radon residencial. O exemplo do Mapa de Radon de Galicia’, estivo dirixida polos profesores Juan Miguel Barros Dios e Alberto Ruano Raviña, autores do mapa e profesores da USC. No seu estudo tomaron parte máis de 2.000 persoas, aos que se mediu o radon interior nos seus domicilios. A particularidade do traballo foi a potencial consideración do mapa de radon como un instrumento epidemiolóxico que permite medir a posible relación dos niveis de radon coa aparición das enfermidades mencionadas. Os resultados publicáronse en importantes revistas estranxeiras coma o European Journal of Epidemiology ou International Journal of Radiation Biology.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno