Os galegos son cada ano máis lonxevo. Foto: Valdeorras de cerca.

Os galegos son cada ano máis lonxevo. Foto: Valdeorras de cerca.

Galicia entra no club dos 83 anos, a maior esperanza de vida do mundo

As mulleres destacan pola súa lonxevidade e a vida media dos galegos, con 83,04, sube case medio ano dende 2013, e seis dende 1991

Galicia está no selecto club da maior esperanza de vida do mundo. Nos países desenvolvidos, segundo datos da OCDE, só Xapón e España alcanzan a cifra dos 83 anos de media de vida. E Galicia vén de entrar nesta élite, cunha esperanza de vida de 83,04 anos, tras subir medio punto (0,42%) no 2014 fronte ao ano 2013 (82,69 anos)

Esperanza de vida comparada por Comunidades Autónomas no 2014.

Esperanza de vida comparada por Comunidades Autónomas no 2014.

A cifra dos 83 é moi exclusiva. En estados, o informe publicado pola OCDE só sinala nesta cota a Xapón e España. Pero a realidade é que non todas as comunidades autónomas acadan esta idade. De feito, só o conseguen 8, fronte a 11 que están por baixo. Madrid, con 84,36 anos, encabeza a clasificación en España, mentres Ceuta e Melilla son as colistas, con poucos meses máis que 80 anos. Deixando aparte ás cidades autónomas, a comunidade con peores resultados é Andalucía, cunha esperanza de vida de 81,87 anos. Outras oito están situadas nos 82 anos.

Só Xapón sitúase xa por diante de España en esperanza de vida ao nacer. Así o asegura o último informe da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) sobre o Panorama da saúde 2015 que se fixo público este mércores. España vén de adiantar neste terreo a países como Suíza, Italia e Francia. O caso español demostra que a boa saúde dos cidadáns non só depende do elevado gasto en sanidade. Estados Unidos inviste o dobre que España (con relación ao PIB) e a esperanza de vida da súa poboación é moito menor.

O campión da lonxevidade entre os países da OCDE (34 máis dez asociados entre os que figuran Brasil, China e India) é Xapón, cunha esperanza de vida de 83,4 anos. A de España sitúase en 83,2. A de Estados Unidos, por baixo da media dos 44 países analizados, está en 78,8. En termos xerais, todos os países melloraron este indicador salvo Sudáfrica (pola sida) e Rusia (polo aumento dos comportamentos de risco dos homes). Tamén hai unha tendencia xeral a que a lonxevidade de homes e mulleres iguálese. Agora hai unha diferenza de cinco anos, menor que a que se instala entre persoas instruídas e persoas incultas. Estas últimas viven seis anos menos.

A esperanza de vida das mulleres galegas está entre as máis altas do mundo

No caso de Galicia, o aumento da esperanza de vida é espectacular nos últimos anos. Os galegos viven hoxe de media 6 anos e 6 meses máis que hai só un cuarto de século. En 1991, a idade media de falecemento eran 76,85 anos fronte aos 83,04 da actualidade.

Como acontece noutras rexións desenvolvidas, en Galicia está a reducirse a gran diferencia entre homes e mulleres. En 1991, elas vivían de media 7,5 nos máis que eles. Vintecinco anos despois, elas viven 6,32 nos máis. E a tendencia é que homes e mulleres galegos vivan os mesmos anos de media. O tabaquismo, a alimentación, os estilos de vida están a igualarse. E semella que este factor é o máis determinante, por riba dalgunha vantaxe xenética vencellada ao sexo. De feito, esta estatística é recente. Porque ata mediados do século XX, eran os homes sempre máis lonxevos, como consecuencia da elevada mortandade consecuencia dos partos.

A distancia entre galegos e galegas está a acortarse: 79,85 anos fronte a 86,17

Pero hai outro dato interesante por sexos. Que Galicia estea no club dos máis lonxevos do mundo é responsabilidade das mulleres. Porque a esperanza de vida dos galegos é de 79,85 anos, o que sitúa por baixo dos dez primeiros da lista da OCDE. Mentres que as galegas, con 86,17 anos de vida media, están na élite absoluta, con Xapón (86,6) e por riba da media española (86,10).

A OCDE destaca que a baixa das doenzas cardiovasculares é unha das razóns da melloría xeral de España. E tamén advirte dun risco: o sobrepeso infantil, que no 2013 xa afectaba a máis do 30% dos nenos e a case esa porcentaxe das nenas, cando a media na OCDE é inferior ao 25% e en países como Bélxica, Noruega ou Alemaña sitúase en torno ao 15%.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.