Xoves 28 Marzo 2024

Galicia estivo exposta cos incendios a contaminación 11 veces superior ao máximo

A vaga de incendios deixou cifras de récord na contaminación atmosférica, con varias cidades galegas sometidas durante horas a niveis que multiplicaban por 11 os máximos recomendados pola Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde. Durante toda a xornada do domingo, as estacións de Meteogalicia rexistraron niveis elevadísimos de concentración de partículas, co récord en Vigo e Santiago de Compostela ás 23.00 horas, cando a taxa medrou ata 586 PM10/metro cúbico, cando a cifra máxima é de 50. Trátase dunha cifra historica: no 2016, o máximo en Galicia foi rexistrado en Sabón con 207 partículas por metro cúbico, a terceira parte da concentración anotada este domingo.

As partículas PM10, que miden menos dun micrómetro, son moi perniciosas para a saúde, especialmente para persoas con problemas respiratorios, o que elevou os ingresos hospitalarios en Galicia durante o domingo e o luns.

Publicidade

Nos hospitais houbo picos de pacientes con afeccións respiratorias

A Xunta enviou unha nota alertando da situación 12 horas máis tarde dos picos de contaminación. Os medios comezaron a publicala ás 11 de mañá do luns, cando os niveis xa descenderan a 26 en Vigo e 27 en Santiago, 20 veces máis baixos que na noite anterior.

Os datos numéricos de Meteogalicia amosan que o cumio da crise atmosférica se rexistrou dende as 17.00 horas do domingo ata as 3 da madrugada do luns. O forte vento provocado polo paso do ciclón Ofelia, que alcanzou refachos de case 100 kms por hora, non logrou aliviar a contaminación. Simplemente, contribuiu a espallar o fume dos máis de 100 incendios activos. Pero se mantivo elevadísima a concentración de partículas na atmosfera.

Picos de contaminación en San Caetano, en Santiago.
Picos de contaminación en San Caetano, en Santiago.

En Vigo e Santiago o pico foi de 586 PM10/metro cúbico. En Pontevedra, o índice chegou ata 538. En Ourense, foi de 465. Na Coruña, os máximos foron multiplicados por 9, alcanzando un índice de 450. En Ferrol, chegaron aos 400. Mentres que en Lugo alcanzaron os 260. O resumo é que prácticamente toda a poboación galega estivo exposta durante a crise incendiaria a niveis de contaminación do aire xamais vistos anteriormente.

Aínda que se aplicou o Protocolo de Actuación en Casos Excepcionais de Contaminación Atmosférica, a alerta a poboación chegou con 12 horas de retraso, cando a crise de contaminación xa remitira, grazas á caída das primeiras choivas.

A exposición prolongada ou repetitiva ás PM10 pode provocar efectos nocivos no sistema respiratorio da persoa. Coa choiva, a maioría destas partículas precipitan na terra, provocando unha capa de po na superficie que pode afectar seriamente á saúde tanto dos organismos terrestres como os organismos acuáticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Nelson activa a alerta en Galicia por chuvias, vento e temporal marítimo

A Semana Santa comeza con aviso laranxa por ondas de 7 metros en todo o litoral e amarelo por acumulación de chuvia de ata 40l/m2 en tan só 12 horas

Un río atmosférico empapa Semana Santa: Galicia poderá superar os 100 l/m² 

A situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana, cando podería producirse unha cicloxénese explosiva no oeste da península

Cales foron as causas da seca que precedeu aos incendios de Australia? Un equipo de Ourense ten a clave

A investigadora Milica Stojanovic, do grupo EphysLab da UVigo, centrou o seu traballo en analizar as fontes de humidade da zona

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro