Venres 29 Marzo 2024

Estudantes da USC participan nun estudo sobre o consumo intensivo de alcohol

Os grupos de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) da Facultade de Psicoloxía e de Epidemioloxía e Saúde Pública da Facultade de Medicina comezaron en 2005 un estudo centrado nos factores explicativos e nas consecuencias cognitivas, académicas e sobre o comportamento asociadas ao patrón de consumo intensivo de alcohol (binge drinking).

O estudo comezou co seguimento da Cohorte Compostela 2005, na que participaron máis de 4.500 estudantes e dos que boa parte colaboraron ata en sete ocasións: na aula, nos laboratorios da Facultade de Psicoloxía, por teléfono, por correo electrónico ou no propio hospital. Agora lanzan o seguimento da Cohorte Compostela 2016, dirixida a 2.000 estudantes de segundo curso da USC, que recibirán un correo electrónico para continuar a investigación.

Publicidade

En nome dos dous grupos de investigación, un dos seus responsables, o profesor Caamaño Isorna, quere manifestar o seu “máis fondo agradecemento” a todo o alumnado participante. “Sen a súa colaboración non sería posible facer ciencia”, asegura.

O seguimento destas cohortes ven recibindo financiamento continuado dende o ano 2005 por organismos como o Plan Nacional sobre Drogas, o Fondo de Investigación Sanitaria e o Plan Nacional de I+D.

Estudos anteriores

Noutras investigacións anteriores, os científicos da USC teñen atopado resultados preocupantes en mozos e mozas que adoitaban consumir alcohol de xeito compulsivo. En setembro de 2017, coñeceuse que un estudo realizado xunto á Universidade do Minho confirmaba que os mozos universitarios que consumen máis alcol amosan unha diminución da capacidade de respostaestímulos externos e dificultades no procesamento da información. O traballo, publicado na revista Frontiers in Behavioral Neuroscience tomou como base un cuestionario cos hábitos de consumo de bebidas alcohólicas por parte de estudantes de primeiro curso na USC.

Os científicos estudaron a actividade cerebral dos mozos e mozas e atoparon modificacións no funcionamento do cerebro, o que pode indicar un atraso no desenvolvemento cerebral e un signo temperán de dano cerebral. Os datos amosaban, nos cerebros dos mozos, alteracións moi similares nos cerebros de adultos alcohólicos crónicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Traballar con cadáveres na ciencia: así funcionan as doazóns en Galicia

Os expertos piden un marco legal específico na materia despois de que saltasen as alarmas pola trama de tráfico ilegal de corpos en Valencia

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo