David Perdomo, convertido en "Alberto Emilio Escobar Gonorrea".

David Perdomo, convertido en "Alberto Emilio Escobar Gonorrea".

Humor acedo contra as enfermidades venéreas

O humorista David Perdomo protagoniza unha campaña do Colexio de Farmacéuticos da Coruña para previr estas doenzas

Alberto Emilio Escobar Gonorrea, o vampiro Sífilis, Herpes Genitales, Estefani Inmunodeficiente, o Conde Willy Condilomas, Clamidia a Fruteira e Tricomonas, o rei do Trap. Son as personaxes nas que se transforma o humorista David Perdomo na campaña do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña que pretende alertar do perigo das enfermidades de transmisión sexual (ETS).

Nos vídeos que forman a campaña, Perdomo presenta ás personaxes como candidatos dun suposto concurso de telerrealidade. Cada un deles vai contando, en clave de humor, os síntomas destas doenzas e as prácticas de risco que poden provocar a súa aparición. “Isto é un xogo, pero o risco existe na vida real”, advirte a mensaxe que pecha cada unha das pezas.

Para cada unha das doenzas aparece doutro vídeo no que un farmacéutico do COFG explica a enfermidade e recomenda consultar a un profesional sanitario.

Aquí podes velos todos:

Gonorrea

Sífilis

Clamidiasis

Herpes xenital

VIH

Condilomas

Triconomiasis

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.