Hospital Quirón, na Coruña. Imaxe: quironsalud.es.

Hospital Quirón, na Coruña. Imaxe: quironsalud.es.

Nace na Coruña unha nena libre dunha mutación que causa cancro de mama

Investigadores do hospital Quirón desenvolveron unha técnica de reprodución asistida que seleccionou embrións sen a mutación do xen BRCA1

A nai dunha nena que naceu o pasado 31 de agosto no hospital Quirón da Coruña foi diagnosticada en 2012 dun cancro de mama. Como a quimioterapia pode danar de xeito irreversible os ovarios, a nai conxelou varios dos seus óvulos para poder ter descendencia no futuro. Unha vez curada, en 2015, decidiu dar o paso, e quería evitar que a súa filla puidera desenvolver a enfermidade.

A nai padeceu cancro de mama e someteuse a un tratamento xenético

Así, coa autorización previa da Comisión Nacional de Reprodución Asistida (CNRA), e coa axuda do Grupo de Xinecoloxía e Reprodución do Quirón, someteuse a un Diagnóstico Xenético Preimplantación (DXP), unha técnica reprodutiva que selecciona aos embrións libres da mutación do xen BRCA1, relacionada co risco de sufrir varios tipos de cancro, como o de mama.

A través deste procedemento, os embrións transfírense ao útero para levar a cabo a fecundación. “Unha vez autorizados pola CNRA, desvitrifícaronse os óvulos, fecundáronse e obtíveronse tres embrións sen a mutación no xen BCRA1. Aínda que a primeira transferencia foi negativa, a segunda foi positiva”, explica a embrióloga Sabela García.

Segundo explican desde Quirón, a lei de reprodución asistida a selección xenética de embrións para determinadas doenzas de xeito directo. Nalgúns casos, como no cancro, o procedemento debe ser avaliado pola Comisión Nacional de Reprodución Asistida, que valora a conveniencia de realizar o tratamento en función da gravidade da patoloxía.

Os xenes BRCA1 e BRCA2 producen proteínas que inhiben os tumores malignos nos seres humanos. Cando un destes xenes ten unha mutación, a predisposición a padecer cancro aumenta de forma considerable. Por tanto, as persoas con esta mutación corren un risco maior, e o mesmo acontece cos descendentes, xa que existe un 50% de posibilidades de que se herde. En España naceron ata agora cinco crianzas libres das mutacións nestes dous xenes. Non en tanto, a nena nacida na Coruña é a primeira libre da mutación no BCRA1, a forma máis severa delas.

2 respostas a “Nace na Coruña unha nena libre dunha mutación que causa cancro de mama”

  1. Estralampa

    A lei de reprodução assistida, que permite a seleção de embriões data de 2006, e dende então a técnica aplica-se na sanidade pública…. E isto propaganda da sanidade privada? Por que a “nova” mais bem é “velha”…

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.