HospitalClinico_de_Santiago

Hospital Clínico de Santiago. / LMBS

Unha muller e o seu bebé, primeiro caso de virus zika en Galicia

A paciente deu a luz recentemente tras viaxar a un país sudamericano

Primeiro diagnóstico confirmado por zika en Galicia. Unha muller e o seu bebé permanecen ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras comprobarse que ela importara o virus dende un dos países afectados. Trátase da primeira dianose positiva en Galicia, onde previamente houbo unha decena de casos sospeitosos. No conxunto de España, o número confirmado de casos é xa de 38.

O caso foi confirmado ao mesmo tempo polo Ministerio de Sanidade e polo Sergas. A directora de Xestión de Saúde Pública, Sonia Martínez Arca, chamou á tranquilidade e insiste en que o caso non varía a situación de precaución ou alertas. «Esta señora viaxou a Sudamérica e cremos que se contaxiou alí. Estaba embarazada, deu a luz hai uns días e confirmouse que estivo infectada no seu momento”, explica Martínez Arca. “Isto non cambia nada a situación na que estamos, nin a situación epidemiolóxica nin a situación de precaución ou alertas. Aquí non hai vector polo que non hai ningunha posibilidade de que haxa contaxio interno. Sabíase antes o despois acontecería», engade a directora de Xestión de Saúde Pública desde o propio hospital compostelán.

Ante a epidemia, o Ministerio de Sanidade, en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e as comunidades autónomas, estableceu unha vixilancia dos casos importados. Hai un mes, o ministerio e as comunidades acordaron na Comisión de Saúde Pública a aprobación dun protocolo epidemiolóxico e un plan de preparación e resposta para estas e outras enfermidades transmitidas por mosquitos.

Entre outras cuestións, as autoridades sanitarias recomendan a calquera persoa que estivese nalgunha zona na que exista o virus pospoñer 28 días desde o seu regreso as relacións sexuais sen protección con mulleres que estean embarazadas ou teñan intención de estalo, para evitar un posible contaxio.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.