Participantes na reunión do proxecto Madia en Santiago. Foto: Idis.

Participantes na reunión do proxecto Madia en Santiago. Foto: Idis.

O CHUS, pioneiro no uso dun dispositivo de diagnóstico contra o Parkinson e o Alzheimer

Científicos do IDIS participan no proxecto europeo MADIA, no que participan máis de 50 investigadores de cinco países europeos

O Laboratorio de Investigación en Neurociencias Clínicas (LINC) do IDIS de Santiago de Compostela participa nunha investigación europea contra o Alzheimer e o Parkinson. Teñen por obxectivo desenvolver un dispositivo clínico que axude ao diagnóstico precoz destas doenzas antes da aparición da sintomatoloxía clínica. O proxecto, denominado MADIA, está financiado polo programa H2020, e nel participan os galegos Francisco Campos, investigador do Sergas, José Castillo, director científico do IDIS, e José Rivas, físico do IDIS.

“Actualmente non existe ningún tratamento efectivo para ambas as enfermidades, posiblemente porque estes procesos diagnostícanse en etapas tardías e os fármacos dispoñibles son pouco eficaces. Por iso, o proxecto MADIA ten como obxectivo desenvolver un dispositivo de detección precoz, económico e rápido, que permita ao clínico realizar durante a consulta, unha medición inmediata de marcadores da enfermidade, facilitando o diagnóstico e adiantando o tratamento”, subliña Francisco Campos.

Madia busca adiantar o diagnóstico destas doenzas, que non teñen cura

Estes días, Santiago de Compostela acolle unha reunión de traballo con representantes de todos os grupos, procedentes de Italia, Reino Unido, Alemaña, República Checa e España. A iniciativa durará tres anos, ata 2019, e está dotada cun orzamento de 3,8 millóns de euros. O CHUS é o único centro español que forma parte de MADIA, e ademais, é o único centro clínico, xunto ao Policlinico Tor Vergata de Italia, que validarán o dispositivo nos seus doentes.

Este mecanismo aportará un diagnóstico versátil e barato, de uso clínico/ambulatorio, para análise de biomarcadores utilizados para estas dúas doenzas neurodexenerativas, ata o de agora incurables. Consiste nun sensor magnético capaz de detectar os biomarcadores en mostras de sangue e líquido cefaloraquídeo dos pacientes.

Os avances contra estas doenzas fanse imprescindibles debido ao seu importante impacto na sociedade europea, agravado debido ao envellecemento da poboación. O Alzheimer constitúe a primeira causa de demencia no adulto, e entre 2000 e 2013 as mortes por esta enfermidade aumentaron un 71%. Respecto ao Parkinson, en Galicia hai actualmente uns 7.000 pacientes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.