O naturópata Pàmies anunciara as charlas na Coruña e Vigo os días 8 e 9 de marzo. Imaxe: joseppamies.wordpress.com.

O naturópata Pàmies anunciara as charlas na Coruña e Vigo os días 8 e 9 de marzo. Imaxe: joseppamies.wordpress.com.

Cancelan a charla de Josep Pàmies en Vigo

O Colegio Hogar anunciou esta tarde a cancelación da actividade despois das protestas de colectivos científicos

O Colegio Hogar de Vigo, que o vindeiro 9 de marzo ía acoller unha charla do naturópata Josep Pàmies, anunciou esta tarde a cancelación da charla. Pàmies é coñecido polas súas polémicas afirmacións, negacionistas coa sida, e que defende as terapias naturais contra o cancro, poñendo en dúbida a eficacia de tratamentos como a quimioterapia. Na mañá do xoves, a cadena de hoteles Attica21, que ía acoller a actividade do naturópata no seu establecemento da Coruña, tamén cancelou a cesión das súas instalacións.

Aínda que desde o Colegio Hogar como desde Afundación, entidade dependente de Abanca que xestiona o centro educativo, xa confirmaron a cancelación da actividade, non explicaron aínda os motivos da suspensión do acto.

Josep Pàmies, que se define como un simple agricultor, promove a Revolución Doce, un movemento que avoga por deixar de lado as aportacións da investigación médica e científica e facer un maior uso das plantas medicinais, que el mesmo cultiva e vende. Factura millóns de euros e ten milleiros de seguidores.

Pàmies ten prevista outra charla na Coruña o día 8 de marzo

Nos últimos anos, Pàmies viuse envolto en numerosas situacións polémicas e problemas coa xustiza debido ás súas afirmacións. A última delas foi un congreso celebrado en Barcelona a comezos deste ano, e que baixo o título “Un mundo sen cancro. O que o teu médico non che está contando” promocionou terapias alternativas contra o cancro. O naturópata tamén tivo que comparecer ante a xustiza en dúas ocasións ao se lle imputar delictos contra a saúde pública, xa que se lle incautaron máis de 500 plantas de cánabo.

O ano pasado, Pàmies visitou A Coruña noutra charla que tampouco estivo exenta de polémica. A asociación Hortas do Val de Feáns, a mesma que organiza a actividade do vindeiro 8 de marzo, solicitou ao Concello da Coruña e á Universidade a cesión do Centro Cívico dos Mallos e o Paraninfo, respectivamente, para a celebración da charla. Unha vez coñecedores da traxectoria de Pàmies, as dúas institucións denegaron os espazos á asociación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.