Os investigadores Manuel Arias e María Jesús Sobrido, no primeiro congreso mundial celebrado o ano pasado en Xapón.

Os investigadores Manuel Arias e María Jesús Sobrido, no primeiro congreso mundial celebrado o ano pasado en Xapón.

Cabana acollerá en xuño o congreso mundial da Ataxia da Costa da Morte

A reunión, que xuntará expertos en ataxia de Xapón ou Estados Unidos, terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño

O municipio de Cabana de Bergantiños acollerá os días 28, 29 e 30 de xuño de 2018 o segundo congreso mundial sobre a ataxia SCA36, tamén coñecida como a Ataxia da Costa da Morte. Despois da celebración da primeira reunión mundial o ano pasado en Xapón, os investigadores galegos da doenza, como María Jesús Sobrido, Manuel Arias ou Ángel Carracedo, e a Asociación Galega de Ataxias confirmaron o pasado sábado, con motivo da cea anual da entidade, a celebración do congreso.

Estarán presentes en Galicia investigadores de Xapón e Estados Unidos, que xa traballan na loita contra esta doenza neurodexenerativa que afecta a centos de persoas na Costa da Morte, onde se cre que está a orixe da doenza, arredor do século XIII. Non en tanto, unha mutación moi semellante, que recibe de feito o mesmo código científico, tamén se atopou en Xapón, na zona do río Asida, onde o ano pasado se celebrou o primeiro congreso mundial sobre a enfermidade.

A ataxia SCA36 provoca, entre outros síntomas, perda de audición e dificultade para falar ou camiñar, aínda que non causa problemas a nivel cognitivo. Desde a detección dos primeiros casos, nos anos 90 do século XX, un grupo de investigadores galegos traballa para buscar unha cura. En 2005 comezaron os estudos sobre o terreo na comarca de Bergantiños; en 2009 confirmouse a existencia da doenza e tres anos despois atopouse a mutación. Na actualidade, aínda que non existe cura, xa se traballa en retrasar a aparición da enfermidade, en reducir os síntomas e estanse desenvolvendo experimentos en animais.

A ataxia SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.