Venres 19 Abril 2024

As mortes por hipertensión duplicáronse en Galicia en só 5 anos

É coñecida como ‘a asasina silenciosa‘. “Sen síntomas que a delaten, a hipertensión é a principal causa de infartos e ictus. E é, xunto á obesidade, a gran epidemia do século XXI”, destaca a Fundación Española do Corazón, pertencente á Sociedade Española de Cardiología (SEC). Que alerta do auxe desta doenza. En Galicia, as mortes por hipertensión case duplicáronse nos últimos cinco anos, pasando de 510 no ano 2011 ata as 991 do ano 2015, último para o que existen datos no Instituto Nacional de Estatística.

En 2011 houbo en Galicia 510 defuncións por doenzas relacionadas coa hipertensión. E a evolución foi a 524 no 2012, 691 no 2013, e 929 no 2014 para alcanzar os 991 en 2015.

Publicidade

A situación de Galicia concorda coa do resto do Estado. En España, as enfermidades hipertensivas dobraron o número de falecementos na última década, pasando de 6.661 en 2005 a 12.674 en 2015. Así se desprende dunha análise dos últimos datos realizado polos cardiólogos con motivo do Día Europeo da Prevención do Risco Cardiovascular, que se celebrou o martes 14 de marzo.

“Lembremos ademais que a hipertensión é factor de risco doutras enfermidades cardiovasculares como o infarto e o ictus, polo que seguramente é causante de moitas máis defuncións”, alertou o presidente da FEC, Carlos Macaya, lembrando a elevada prevalencia desta enfermidade, que afecta a un 42,6% da poboación. O máis grave é que os cardiólogos cren que un 37,4% está sen diagnosticar.

Gráfico de mortes por hipertensión en Galicia de 2001 a 2015.
Gráfico de mortes por hipertensión en Galicia de 2011 a 2015.

Esta patoloxía supón unha maior resistencia para o corazón á hora de exercer presión sobre as arterias para que estas conduzan o sangue aos órganos do corpo. Por esta razón, o corazón aumenta a súa masa muscular (hipertrofia ventricular esquerda) para facer fronte a ese sobreesfuerzo, o que pode desembocar en insuficiencia coronaria e anxina de peito.

A media de falecementos por hipertensión medra en toda España

Ademais, o músculo cardíaco vólvese máis irritable e prodúcense máis arritmias, e tamén propicia a arterioesclerose (acúmulos de colesterol nas arterias) e fenómenos de trombose (poden producir infarto de miocardio ou infarto cerebral), de aí a necesidade de manter os niveis ben controlados, cun máximo de presión arterial sistólica entre 120-129 milímetros de mercurio (mmHg) e a diastólica entre 80 e 84 mmHg.

Para combater a elevada prevalencia e reducir as mortes, Macaya recoñeceu que a redución do sal engadido nos alimentos debe ser unha prioridade e, máis aló das medidas que adopten as autoridades, defende que “retirar o saleiro da nosa mesa é unha medida que podemos, e debemos, realizar cada un de nós no noso día a día”.

Galicia sitúase na media estatal de falecementos por hipertensión, mentres que encabezan a lista Andalucía (32,67%), Asturias (32,38%) e Aragón (31,61). En cambio, a menor proporción de mortes deste tipo danse en Madrid (25,86%) Navarra (26,37%) e País Vasco (26,92%). Para diminuír a incidencia da enfermidade cardiovascular, resulta imprescindible controlar os seus factores de risco: diabetes, hipertensión, sedentarismo, tabaquismo, sobrepeso, obesidade e abuso do alcol entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023