Un termómetro na rúa marca 40 graos.

Un termómetro na rúa marca 40 graos.

As altas temperaturas disparan ata un 40% o risco de hospitalización en Galicia

Unha tese de Santiago revela que, cando as temperaturas soben de 30 graos, medran as afeccións respiratorias e cardiovasculares

Resulta innegable que o ambiente inflúe directa ou indirectamente no estado de saúde das persoas, existindo por tanto unha relación directa co dinamismo das sociedades no ámbito social, cultural, económico e político. O organismo humano e a atmosfera atópanse nun equilibrio físico e químico en constante intercambio de maneira que todos os seres humanos reaccionan ante os elementos atmosféricos –en especial factores como a temperatura do aire, a humidade, a velocidade do vento ou a radiación solar– para poder garantir o seu correcto e óptimo funcionamento orgánico.

O doutor Royé xunto a tribunal da súa tese doutoral na USC.

O doutor Royé xunto ó tribunal da súa tese doutoral na USC.

Desta cuestión ocupouse o graduado en Xeografía Dominic Royé na súa tese doutoral –merecedora da cualificación sobresaliente cum laude–, que asenta unha primeira base sobre a relación entre o ambiente térmico e os ingresos hospitalarios nas principais cidades de Galicia. Dos datos recabados constátase unha diminución xeneralizada e recorrente de ingresos durante todos os veráns, especialmente marcada nas patoloxías respiratorias, aínda que existe unha importante relación entre as temperaturas máximas e mínimas cos ingresos hospitalarios urxentes. As diferenzas estacionais e a variabilidade espazo-temporal das hospitalizacións maniféstanse de forma máis clara nos menores de 5 anos e nos maiores de 64, estes últimos máis vulnerables nas patoloxías cardiovasculares.

Los resultados obtidos no traballo, dirixido polos profesores do departamento de Xeografía Alberto Martí Ezpeleta e de Saúde Pública da USC Margarita Taracido Trunk, permiten concluír que a temperatura ambiental se relaciona de forma significativa coa morbilidade en todas as causas e nas enfermidades respiratorias. Ademais, sinala o investigador, “o impacto na morbi-mortalidade por calor maniféstase en efectos cuasi-directos con poucos días de retraso”.

Os menores de 5 anos e os maiores de 65 son os máis afectados pola calor

Nun ambiente caloroso como o destes días, por exemplo, en Vigo atopáronse aumentos de risco de hospitalización do 31% ou 17% nos menores de 5 e maiores de 64 anos, respectivamente, con temperaturas de 35°C, chegando incluso ao 90% no caso dos máis pequenos. Tamén se observaron efectos exclusivamente por altas temperaturas mínimas de máis de 20°C con riscos superiores ao 40 % en todos os grupos e cun retardo dun día. Os maiores de 64 mostran un aumento de risco de ata o 59% cunha temperatura mínima de 22°C.

En Ourense detectouse que as altas temperaturas mínimas afectan ás complicacións respiratorias de maneira que nas persoas maiores se rexistrou un día despois dos 22°C un aumento do risco do 56%. Pola súa banda, en Santiago apréciase un risco de hospitalización do 30 % cunha temperatura de 37°C e cun retardo medio de 3 días. Tamén en Pontevedra se puido observar nas enfermidades respiratorias un ascenso do risco de hospitalización ao 52% un día despois dunha temperatura máxima de 40°C.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.