Sábado 20 Abril 2024

Piden 500.000 euros aos galegos para unha nova técnica de detección do cancro

A investigación médica galega quere seguir na primeira liña da loita contra o cancro. Para iso, o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet), pertencente o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e dependente da Consellería de Sanidade, vén de poñer en marcha a campaña Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica”, coa que buscan recadar fondos por parte dos cidadáns para impulsar o estudo desta nova técnica, que promete mellorar o diagnóstico e tratamento dos tumores canceríxenos.

Para isto, o doutor Rafael López, responsable do Oncomet, pediu a colaboración de todo o pobo galego para financiar o seu proxecto de investigación. “Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación”, sinalou López.

Publicidade

Segundo informan desde o Sergas, a biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía. A través dunha sinxela análise de sangue, lógrase extraer a información do tumor, obtendo resultados nun período de dous ou tres días. Ademais, é unha técnica non invasiva, que evita ao paciente a cirurxía ou a intervención para a análise. Ofrece unha información de gran precisión que permite coñecer o estado real do tumor e determinar a actuación máis axeitada, polo que se evitan os efectos secundarios de duros tratamentos que ás veces non ofrecen os efectos desexados.

Esta técnica é por tanto, unha gran aliada contra as metástases. No torrente sanguíneo dos pacientes de cancro pódense atopar as células tumorais circulantes (CTCs), aqueles organismos que escapan do tumor ou as metástases e chegan ao sangue, por onde circulan durante un tempo ata morrer. Non en tanto, algunhas delas son quen de sobrevivir e chegaren a outros órganos, onde poden formar novos tumores. É por isto que son unha das principais fontes das metástases.

Na web do grupo de investigación xa está en marcha a campaña, que pretende reunir 500.000 euros nos vindeiros tres meses. Nesta mesma páxina aparece toda a información sobre esta nova técnica, así como as diferentes vías para realizar as aportacións económicas. Os interesados tamén se poden informar chamando ao 981 955 344.

1 comentario

  1. Todos os avances científicos son progreso, mais os que axudan as persoas son avances, tamén, humanitarios. Quero colaborar na consecución desa cifra e gustaríame que se me indicase a maneira. Agradecementos aos que dedican a súa vida a mellorar a dos demais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático