Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal. Foto: Anxo Iglesias.

Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal. Foto: Anxo Iglesias.

Ángel Carracedo, presidente da Academia Internacional de Medicina Legal

O catedrático da USC recibiu o recoñecemento no marco do congreso que a Academia desenvolve esta semana en Fukuoka (Xapón)

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, foi elixido como o novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal (IALM), durante o 24º Congreso da Academia que se está desenvolvendo en Fukuoka (Xapón) ata o venres 8. Carracedo sucede no cargo ao científico italiano Davide Ferrara.

Segundo informa a USC, a IALM, antes coñecida como a Academia Internacional de Medicina Legal e Medicina Social, foi fundada en 1938 na cidade de Bonn (Alemaña). O seu principal obxectivo é promover o progreso científico no campo da Medicina Legal, polo que promove a colaboración e o intercambio de información entre especialistas a nivel internacional. Con esta finalidade, a Academia organiza reunións e congresos científicos para establecer directrices e recomendacións nas diferentes áreas de Medicina Legal e a través das publicacións científicas.

A IALM ten como propósito colaborar con outras sociedades científicas neste eido, así como proporcionar coñecemento e experiencia para dar resposta ás consultas públicas relacionadas con esta disciplina da medicina. A Academia integra organizacións médico-legais do ámbito internacional e conta con representantes da maioría de países de todos os continentes.

7 respostas a “Ángel Carracedo, presidente da Academia Internacional de Medicina Legal”

  1. José Antonio Garabatos

    Noraboa á Academia Internacional de Medicina Legal por acertar ao elixir ao seu novo presidente. Ben se ve que saben apreciar o talento.
    Son moi afortunados de ter a Carracedo entre eles.

  2. Sabela Penas Mouriño

    Noraboa a A. Carracedo é o seu equipo por este premio merecidisimo. Esto sí é un gran honor para todos os galegos.
    Vaia desde aquí á miña admiración por todas esas personas que traballan en investigación para mellorar a nosa vida.
    Creo que este é un premio tamén para todos.

  3. antonio

    Noraboa
    Vale mais escoitar un minuto a Angel Carracedo que un dia enteiro a outros Como galego orguioso me atopo Parabens Angel merecelo

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.