Sábado 20 Abril 2024

Analizar a placa bacteriana sen danala xa é posible

A doutora en Ciencias Odontolóxicas pola USC Isabel Prada López constatou na súa tese de doutoramento a validez dun innovador dispositivo, patentado na USC, que permite analizar as bacterias que se adhiren á superficie dos dentes sen romper a súa delicada estrutura en estado natural. O novo deseño comparouse con outros publicados ata a data, resultando ser un dos mellor concibidos ata o momento para o estudo da placa bacteriana.

O sistema consiste nun aparato individualizado dentro da boca do paciente, sobre a que se adhiren as bacterias orais formando una biopelícula, cuxa estrutura e composición é moi similar á placa formada sobre os dentes. Para efectuar esta análise das características da placa dental co novo dispositivo empregáronse técnicas de microscopía electrónica e microscopía láser confocal, así como técnicas máis recentes de secuenciación masiva do ADN bacteriano.

Publicidade

No estudo tamén se atopou un novo protocolo para aumentar a actividade antibacteriana

Pero o traballo doutoral de Isabel Prada, que lle dirixiron os docentes Inmaculada Tomás Carmona e David Suárez Quintanilla, tivo ademais outros resultados moi relevantes. Ata a data, os estudos microbiolóxicos realizados en laboratorio con antisépticos para destruír as bacterias da placa dental centrábanse na simple inmersión das bacterias nesas solucións, o que daba lugar, sobre todo no caso dos aceites esenciais, a resultados de actividade antibacteriana moi inferiores aos producidos nunha situación clínica real.

Agora, Prada validou na súa tese o primeiro protocolo metodolóxico para o estudo ‘in vivo’ da actividade antibacteriana deses antisépticos. Logo de testar dúas solucións, a clorhexidina e os aceites esenciais, conseguiu uns resultados que revelan, por primeira vez, a importancia de efectuar “unha enxaugadura activa” da solución sobre a destrución das bacterias da placa dental. O achado é de “suma” relevancia clínica xa que “indudablemente terá repercusión na actuación clínica dos profesionais da saúde oral”, explica.

Os resultados desta investigación foron publicados en varias revistas internacionais de prestixio no ámbito da odontoloxía e microbioloxía, entre elas Frontiers in Microbiology, a segunda revista de acceso aberto máis citada no ámbito da microbioloxía.

Dada a relevancia dos resultados da tese internacional de Isabel Prada, membro do equipo de investigación ‘Oral Sciences Research Group’, ao acto de defensa asistiron importantes expertos internacionais na área da investigación en periodoncia e Microbioloxía Oral como a profesora da USC Mercedes Suárez Cunqueiro; o doutor Rubén León, responsable do laboratorio de investigación da empresa Dentaid; e Luigi Nibali, profesor da Queen Mary University de Londres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos