Un bo almorzo está relacionado con menos doenzas vasculares e menor peso.

Un bo almorzo está relacionado con menos doenzas vasculares e menor peso.

Almorzar pouco duplica o risco de ateroesclerose

Un estudo demostra que un almorzo escaso é un factor de risco para arterioesclerose e outros problemas cardiovasculares

Almorzar pouco ou nada duplica o risco de aterosclerose, independentemente doutros factores de risco cardiovascular, segundo un estudo realizado por investigadores españois. Saltarse esta comida podería servir como indicador dun estilo de vida pouco saudable.

Un almorzo escaso, que conteña menos do 5% das calorías diarias recomendadas (100 calorías para unha dieta de 2.000), duplica o risco de lesións ateroscleróticas independentemente dos factores de risco típicos, como o tabaco, o colesterol elevado e o sedentarismo. Estas son algunhas das conclusións do estudo Progression and Early Detection of Atherosclerosis (PESA), do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC), liderado polo seu director, Valentín Fuster.

Os resultados, publicados en The Journal of American College of Cardiology (JACC) indican que saltarse esta comida podería servir como marcador duns hábitos alimenticios e dun estilo de vida pouco saudables.

Estudos previos demostraron que un bo almorzo achega máis saúde xeral

No estudo PESA, máis de 4.000 individuos de idade intermedia son controlados a longo prazo mediante técnicas de imaxe. A idades temperás, as placas ateroscleróticas (acumulación de graxas nas paredes das arterias) xa empezan a desenvolverse, aínda que non haxa síntomas. O obxectivo de PESA é caracterizar a prevalencia e a taxa de progresión das lesións ateroscleróticas latentes (que non deron ningún síntoma) e estudar a súa asociación con factores moleculares e ambientais, incluíndo os hábitos alimentarios, a actividade física, os biorritmos, as características psicosociais e a exposición a contaminantes ambientais.

Os investigadores analizaron a relación entre tres patróns de almorzo e os factores de risco cardiovasculares para pescudar se saltarse o almorzo normal asóciase con aterosclerosis subclínica (que non deu ningún síntoma). Para iso analizouse a presenza de placas ateroscleróticas en diferentes rexións: arterias carótidas e femorais, aorta e coronarias, nunha poboación sen antecedentes de enfermidade cardiovascular.

Neste traballo, o 20% dos participantes tomaba un almorzo con alto valor enerxético (20% das calorías diarias), o 70% un almorzo de baixo valor enerxético (entre 5% e 20% das calorías diarias), e un 3% almorzaba moi pouco ou nada (5% das calorías diarias).

Estes últimos apenas investían cinco minutos en almorzar un café ou un zume de laranxa, ou mesmo omitían esta comida. A súa dieta era menos saudable e tiñan maior prevalencia de factores de risco cardiovascular. José María Ordovás, coautor do traballo, agrega que “non almorzar podería ser un verdadeiro marcador ou mesmo un factor de risco para estas fases iniciais da enfermidade aterosclerótica”.

Grazas aos estudos con ecografía vascular, os investigadores observaron unha presenza ata 1,5 veces maior no número de placas ateroscleróticas e unha afectación de ata 2,5 veces máis no grupo que se saltaba o almorzo respecto ao que tomaba un almorzo máis potente, explica lIrina Uzhova, investigadora do CNIC e primeira autora do traballo.

Estudos poboacionais anteriores demostraron que almorzar ben está relacionado con menor peso, unha dieta máis saudable e un menor risco de desenvolver factores de risco cardiovascular, como colesterol elevado, hipertensión ou diabetes.

Ademais, sábese que certos factores asociados co desenvolvemento das enfermidades cardiovasculares son modificables mediante cambios no estilo de vida. Por iso, a dieta é un obxectivo principal das estratexias de prevención.

Unha resposta a “Almorzar pouco duplica o risco de ateroesclerose”

  1. Gondisalvo

    Se agradece el articulo (sin ser ninguna novedad) , pero le faltan ejemplos prácticos, del tipo de alimentos, bebidas que se puede desayunar de manera economica, facil y rapida de preparar y tomar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.