Unha das plantas usadas para a elaboración de cosméticos

Unha das plantas usadas para a elaboración de cosméticos

A mellor perfumaría, na nosa leira

Un obradoiro de cosmética natural no campus de Vigo ensina a recoñecer as plantas que serven para a hixiene e coidado persoal

“A xente non é consciente da riqueza que ten ao seu carón; arrincan e estragan recursos naturais que lles poden ser tan útiles como os productos anunciados na televisión”. Así sinala Patricia Puga, coordinadora dun novo obradoiro que ten como obxectivo o coñecemento e o uso das diferentes plantas medicinais que hai nos campos e montes. Este cuatrimestre participan 17 persoas no curso Cosmética natural aproveitando a contorna, unha das principais novidades da programación de obradoiros para este outono. “A actividade ten como obxectivo pór en coñecemento a riqueza dos recursos non artificiais que hai ao noso carón para a hixiene e o coidado persoal” subliña Puga, que tamén explica que este curso está dirixido ao público xeral, tanto alumnado da Universidade como a persoas con interese na elaboración deste tipo de produtos.

O programa está organizado en sesións semanais impartidas de 16.30 a 19.30 horas, nas que se inclúen saídas de campo para localizar os diferentes tipos de plantas e elementos que se poidan aproveitar como produtos naturais. “O que se pretende con estas saídas polos arredores do campus é recolectar e explicar as cualidades e o uso dos elementos localizados, o mellor xeito de manipulalos e as diversas propiedades que presentan cada un deles”, explica a coordinadora.

Os alumnos elaborarán xabóns, ungüentos e tinturas medicinais

No tocante á elaboración de preparados este obradoiro tamén ensina con demostracións prácticas a elaboración de macerados, tinturas medicinais, xabóns cométicos, ungüentos ou pasta de dentes.“Trátase de dar a coñecer os elementos naturais que ten a xente ao carón da súa casa e intentar quitar o ‘sambenito’ de malas herbas a moitas plantas”, subliña a coordinadora. Como exemplo de mala herba, Puga menciona o caso das estrugas, unha especie moi habitual nas leiras galegas e que ten un gran valor, tanto culinario como medicinal.

“O maior problema ao que nos enfrontamos é a perda de conexión co autóctono, a xente arrinca e estraga elementos naturais que teñen un alto valor medicinal, polo que é preciso salvar a sabiduría da xente maior”, salienta a coordinadora do obradoiro. Patricia Puga deixou o seu labor como educadora infantil para formarse no eido da ecoloxía. Alumna do biólogo César Lema, especializouse tanto en cociña silvestre coma en cosmética natural. Alén diso tamén coordina a horta ecolóxica dun colexio e imparte diversos obradoiros dentro e fóra da Universidade.

2 respostas a “A mellor perfumaría, na nosa leira”

  1. Soledad Bastos Lago

    Boas tardes.
    Quisera anotarme no obradoiro de “A mellor perfumaria, a nosa leira”.
    Podenme informar se aínda e posible, os horarios e o precio.
    Grazas
    Un saúdo

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.