Xoves 18 Abril 2024

Unha reportaxe sobre autismo gaña o III Premio Contar a Ciencia

Unha reportaxe de Ariadna Cordal, alumna da Universidade de Vigo, resultou gañadora da terceira edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia, convocado conxuntamente por la Caixa e GCiencia, cola colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O traballo analiza un proxecto de estudantes de Telecomunicación da Uvigo para desenvolver un sistema de domótica que fai máis fácil a vida dos autistas e mesmo podería aplicarse tamén a outros tipos de persoas dependentes. A reportaxe leva por título Autismo 3.0: a domótica ó servizo das persoas dependentes.

O xurado valorou a elevada calidade do traballo realizado por Cordal, que realizou unha reportaxe escrita apoiada con entrevistas audiovisuais, así como o indubidable interese que esperta a temática elixida. Como gañadora do certame, Cordal recibirá 700 euros en metálico, un smartphone Z2 da marca galega Primux e un diploma acreditativo.

Publicidade

Sara Pérez Seijo, da USC, fixo unha reportaxe sobre a detección precoz do alzhéimer

O segundo premio foi para a alumna da Universidade de Santiago Sara Pérez Seijo, que realizou unha reportaxe escrita sobre as investigacións do Grupo de Neurociencias Clínicas e Investigacións Sanitarias (IDIS) para aplicar a nanotecnoloxía na detección precoz do alzhéimer. A calidade do traballo e a importancia das investigacións analizadas na reportaxe foron as razóns polas que o xurado concedeu unha distinción á reportaxe. A autora recibirá una tablet Siroco X da marca galega Primux e un diploma acreditativo.

Decenas de estudantes das tres universidades galegas presentaron as súas propostas de reportaxes nesta edición do Contar a Ciencia, das que foron seleccionadas as nove publicadas ao longo das últimas semanas en GCiencia. Os traballos que competiron nesta fase tratan temáticas variadas e cun enfoque xornalístico orixinal, tal e como subliñou o xurado. Os finalistas desta edición foron Ariadna Cordal (Universidade de Vigo), Sara Pérez Seijo (Universidade de Santiago de Compostela), Daniel Viña (USC), María Ruiz-Falcó (UVigo), Cora Diz (UVigo), Jonatan Toucedo (UVigo), Angel Vizoso (USC), Alba Martín (UVigo) e Silvia Troncoso (UVigo).

O xurado estivo composto por representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, da Real Academia Galega das Ciencias, da delegación territorial do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da fundación “la Caixa”, de GCiencia e polo científico Antonio Figueras.

O premio pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia.

1 comentario

  1. Dende Primux queremos dar a noraboa aos gañadores e a GCiencia pola organización. Esperamos que tanto o móvil Zeta 2 como a tablet Siroco X sexan do gusto dos agraciados. Recordade que temos un servicio de atención ao cliente que vos poderá axudar no que precisedes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario