Unha variedade do caracol mariño chamado Littorina.

Unha variedade do caracol mariño chamado Littorina.

Proxecto Littorina, as claves científicas da elección de parella

Investigadores afondan no estudo da evolución da preferencia para aparearse nas distintas especies

Cora Diz e María Ruiz-Falcó / Universidade de Vigo

O “Proxecto Littorina: Causas e consecuencias da evolución da preferencia na elección de parella en poblacións naturais” busca responder ás cuestións existentes ao redor da preferencia diferencial na elección de parella de organismos simples como clave na teoría evolutiva. Emilio Rolán e os seus investigadores, mediante a integración de modelado teórico e de simulación basada en individuos e analizando datos de campo e laboratorio, pretenden afondar no estudio da evolución da preferencia, entender por qué esta segue presente en algunhas especies simples e por qué e como se desenvolve en cada unha delas un nivel específico de preferencia.

Por outra banda o equipo do “Proxecto Littorina” pretende desenvolver unha nova estratexia que permita estudar de forma simultánea a preferencia e as súas posibles consecuencias (selección sexual e apareamento asociativo) para a súa aplicación en calquer organismo, coa finalidade última de aplicalo na especie humana. Por último este proxecto realiza tamén unha proposta específica e ambiciosa de divulgación científica, que pretende introducir conceptos básicos sobre evolución e selección sexual en institutos de bacharelato mediante o desenvolvemento dunha práctica de ordenador.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.