Presentación do certame nunha clase aberta na USC

Presentación do certame nunha clase aberta na USC

O próximo martes entréganse os galardóns da IV edición de Contar a Ciencia

Claudia Alonso, estudante da Uvigo, obtivo o primeiro premio cunha reportaxe sobre a investigación das enfermidades raras

O pazo de San Roque de Santiago acollerá o próximo martes, ás 17:30 horas,  o acto de entrega de premios da IV edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia, convocado pola Real Academia Galega de Cienciasla Caixa, e organizado por GGCiencia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O primeiro premio desta edición foi para Claudia Alonso,  estudante da Universidade de Vigo, co traballo titulado ‘A menciña dos esquecidos’,  que afonda no traballo do grupo de Xenética Humana da Universidade de Vigo, onde estudan enfermidades raras como as síndromes de Bardet-Biedl e de Alström. O traballo presenta un elaborado audiovisual que foi especialmente valorado polo xurado. Como gañadora do certame, Claudia Alonso recibirá 700 euros, un smartphone P501 da marca galega Primux e un diploma acreditativo.

Os dous segundos premios do certame foron para Iago Souto e María Isabel Villamarín. Souto realizou unha reportaxe audiovisual sobre os traballos científicos arqueolóxicos que se realizan na Lanzada, sobre un antigo castro e unha factoría romana. ‘A Lanzada: historia baixo a area’ era o título desta peza, que foi moi aprezada polo xurado. Pola súa banda, Villamarín foi elixida finalista pola súa reportaxe ‘Hipóteses para entender o corazón’, no que analiza os traballos realizados polo Citius de Santiago para un programa que analiza dun xeito máis preciso as lecturas dun electrocardiograma. Souto e Villamarín recibirán disposivos electrónicos de Primux e diplomas acreditativos.

Estudantes das tres universidades galegas presentaron as súas propostas de reportaxes nesta edición do Contar a Ciencia, das que foron seleccionadas as nove publicadas ao longo das últimas semanas en GCiencia. O xurado estivo composto por representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, da delegación territorial do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da fundación “la Caixa” e de GCiencia.

O premio pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia. Na entrega de premios estarán presentes, entre outras personalidades, o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díaz de Castro, e o presidente da Real Academia Galega de Ciencia, Miguel Ángel Rios.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.