Convocatoria a medios2 a

O físico Jorge Mira, na presentación do premio ‘Contar a Ciencia’

Convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e co patrocinio de La Caixa, está organizado por GCiencia

O físico e divulgador científico Jorge Mira será o convidado especial da presentación do IV Premio ‘Contar a Ciencia’, que convoca a Real Academia Galega de Ciencias, co patrocinio da Obra Social ‘La Caixa’ e que organiza o portal GCiencia. O acto vai celebrarse en Compostela o vindeiro xoves, 16 de febreiro, ás 11.00 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Dirixido a estudantes de comunicación das tres universidades galegas, o Premio ‘Contar a Ciencia’, que chega á súa cuarta edición, pretende fomentar o xornalismo especializado en novas científicas e tecnolóxicas. No acto de presentación participará, ademais de Jorge Mira, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e representantes de La Caixa, da Consellería de Educación e do portal GCiencia. A principal novidade desta cuarta edición consiste na convocatoria do premio pola Academia de Ciencias, que toma as rendas da iniciativa tras o éxito alcanzado o últimos tres anos.

O premio conta tamén coa colaboración da Consellería de Educación e da empresa tecnolóxica galega Primux.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.