Xoves 18 Abril 2024

A linguaxe do musgo

Por Icía Rodríguez e Ángel Carro

Dende 1988 o departamento de Ecotoxicoloxía da Facultade de Bioloxía da USC desenvolve investigacións de vital importancia para o noso planeta. Actualmente están a traballar con briófitos para medir o nivel de contaminación no aire e na auga.

Publicidade

Esta nova técnica de biomonitorización consiste en empregar determinadas especies de musgo, cultivadas en laboratorio co obxectivo de non danar o medio e de regularizar as medidas, e empregalas en diferentes puntos de mostraxe para coñecer a contaminación presente.

Esta é unha ferramenta eficaz e eficiente, aínda que non conseguiu estandarizarse polo de agora. No caso de facelo podería aumentar en gran medida o benestar dos nosos ecosistemas e a nosa calidade de vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

O petróleo e os seus residuos inducen a metamorfose en invertebrados mariños

Un estudo internacional apunta que estas substancias poden alterar o ciclo e os procesos naturais destes animais