A alta participación e a calidade das propostas destacan na segunda edición do premio.

A alta participación e a calidade das propostas destacan na segunda edición do premio.

GCiencia e “la Caixa” convocan o II Premio Universitario de Comunicación Científica

O concurso está aberto a estudantes de Xornalismo e Comunicación de Santiago, A Coruña e Pontevedra, que presentarán reportaxes sobre investigacións universitarias

GCiencia e a Obra Social de ”la Caixa” convocan por segundo ano consecutivo o Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia, dirixido a estudantes das facultades de xornalismo e comunicación das tres universidades galegas. A divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolve nos distintos campus, achegar o periodismo e a ciencia e animar os estudantes a coñecer o seu ámbito universitario son algúns dos obxectivos do premio, que chega á súa segunda edición co apoio da Secretaría Xeral de Universidades de la Xunta.

As universidades de Santiago, Vigo e A Coruña tamén participan no premio, no que os estudantes concorren con reportaxes escritas, traballos audiovisuais –tamén fotográficos- ou a combinación de ambas modalidades, nas que os alumnos participantes expliquen a ciencia ou a tecnoloxía que se desenvolve nas súa propia universidade, en calquera dos seus campus.

De acordo coas bases do premio, os alumnos, que se poden presentar individualmente ou en grupos de dous, presentarán as súas propostas de reportaxe ao longo do mes de marzo. Trátase simplemente de presentar esquematicamente unha idea. O equipo de GCiencia seleccionará as 10 que máis destaquen pola súa calidade, orixinalidade do tema tratado e o seu valor periodísitico e comunicativo. Os seus responsables dispoñerán ata o 27 de abril para presentar os seus traballos xa elaborados e escritos en galego. Durante as semanas seguintes publicaranse en GCiencia todos os traballos que pasasen esa primeira proba.

O gañador obterá un premio de 400 euros e unha tablet, e haberá dous finalistas que se levarán 100 euros e unha tablet. Os 10 seleccionados dispoñerán tamén dun diploma acreditativo. A elección do gañador e dos dous finalistas correrá a cargo dun xurado formado por representes de GCiencia, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, ”la Caixa”, a Secretaría Xeral de Universidades, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e as tres universidades.

O Premio Universitario “la Caixa” de Comunicación Científica, gañado na súa primeira edición pola estudante da Facultade de Comunicación de Pontevedra Lidia Dosil, é unha iniciativa que pretende involucrar vos estudantes galegos no coñecemento da investigación que se desenvolve nos seus campus, moi preto de onde cursan as súas titulacións, así como promover o xornalismo e a divulgación científica entre os futuros profesionais da comunicación.

O premio está impulsado pola Obra Social de ”la Caixa” e GCiencia, o portal da Ciencia en Galicia. GCiencia (gcbeta.dev.atlantiae.com) é unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. creada e codirixido polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López que se converteu no seu primeiro ano de existencia, cumprido o pasado novembro, no medio de comunicación de referencia da ciencia en Galicia. Os contidos ofrecidos polo portal suman máis dun millón de visitas. Recentemente, GCiencia foi seleccionado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía y Competitividad, para formar parte do seu programa de Fomento da Cultura Científica, Tecnológica y de la Innovación, converténdose así nun dos únicos catro medios de comunicación de España que forman parte do proxecto.

Descarga as bases do II Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia

Cartel II Premio Contar a Ciencia

Unha resposta a “GCiencia e “la Caixa” convocan o II Premio Universitario de Comunicación Científica”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.