Xoves 28 Marzo 2024

Deseñando armas contra as bacterias resistentes

Xiana Meda López Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

 
A medicina é un dos campos que máis avanzou ao longo do tempo. Ata mediados do século vinte, non resultaba extraño que unha persoa puidese morrer dunha simple ferida porque non había nada con que curar a infección. A iso, había que sumarlle unhas condicións hixiénicas que nada teñen que ver coas actuáis.
No ano 1928, o descubrimento accidental da penicilina por parte de Alexander Fleming, marca un antes e un despois na historia. Comeza así o que coñecemos como Nova Era, tamén chamada  Era dos Antibióticos. A revolución foi tal, que tiveron un crecemento exponencial na periodo dos corenta-sesenta.

O gráfico amosa o forte descenso de novos antibióticos aprobados nos EUA dende 1983.
O gráfico amosa o forte descenso de novos antibióticos aprobados nos EUA dende 1983.

Sen embargo, dende 1960 ata agora, ralentizouse o ritmo de saída ao mercado de novos antibióticos . Isto débese á falta de éxito nas investigacións e a cuestións económicas. No caso concreto das enfermidades infecciosas, é un tratamento cuxo tempo de aplicación  oscila entre cinco e oito días. Un período de consumo que non sae rendible ás farmaceúticas, dados os elevados investimentos que teñen que realizar para un beneficio escaso.
Na saúde, como en outros moitos eidos, non deixa de haber certa especulación, polo que se prefíre investir en enfermidades máis rentables e con menor risco de fracaso. Todo isto, ocasiona un problema: a falta importante de descubrimentos.
Unha das dificultades que xorde na actualidade é a das bacterias resistentes aos fármacos, que se están investigando no CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)  asociado ao campus da Universidade de Santiago de Compostela. Da man de Concepción González, profesora titular do estudo, imos adentrarnos no mundo bacteriano.
Para ser bos espectadores, primeiro, debemos saber que na  batalla entre as bacterias e os antibióticos, as primeiras desenvolve unha serie de mecanismos difíciles de combater. Son os chamados fenómenos de resistencia. O que fan as bacterias é,  unha vez que van coñecendo o antibiótico, crear un composto dentro delas para destruír o fármaco inimigo antes de que as venza, facéndose cada vez máis fortes.

O CIQUS investiga enzimas como complemento para axudar á acción do antibiótico

Aparece así a necesidade de buscar novas técnicas para enganalas, de discurrir estratexias antibacterianas, xa que non son unhas adversarias doadas. No CIQUS, céntranse dende hai uns anos na búsqueda dun complemento do antibiótico que bloquee os procesos de resistencia das bacterias. Estudan a posibilidade de inhibidores, substancias capaces de diminuír a actividade dun enzima.
Como funcionarían os inhibidores? Enganando á bacteria. Daríanlle compostos moi similares aos que ela usa pero un pouco modificados. Deste xeito, a bacteria pensará que tales elementos son beneficiosos e trataría de asimilalos no canto de defenderse deles, bloqueando así o seu proceso.
A día de hoxe, estase a observar a reacción de varios enzimas para ver os que poidan dar mellores resultados. Estas moléculas están formadas principalmente por proteínas que producen as células vivas e que actúan como catalizadoras e reguladoras nos procesos químicos do organismo. O seu funcionamento é a través do movemento.
Os enzimas teñen unha cavidade pola que entra a substancia e aí é onde levan a cabo a reacción. Unha vez finiquitada, volven abrir a cavidade para que entre un novo composto. Segue un curso cíclico. O que se intenta é que esa cavidade quede sempre pechada ou sempre aberta, para que non se poida producir o proceso.

Publicidade

As bacterias Gram Negativa xeran moitas infeccións hospitalarias

Actualmente a investigación céntrase en tres bacterias difíciles de vencer:
-A mycobacterium tuberculose, que se coñece no ser humano dende o tempo das momias exipcias, aínda que a día de hoxe, segue sen crerse que se poida erradicar nos próximos anos. Non obstante, si sería posible o seu control. A principal complicación é que a bacteria alóxase no pulmón, unha zona moi delicada de difícil acceso para os fármacos.
CIQUS_Logotipo
-A helicobacter pilory, bacteria moi arraigada en Europa. Atópase no estómago, onde o Ph é moi ácido e as condicións son bastante extremas. Nesa zona, aos compostos cóstalles ser efectivos. A helicobacter pilory  pode producir cancro de estómago.
-A Bacterias Gram Negativa, moi presentes no ámbito hospitalario. É especialmente visible cando un paciente entra no hospital con algunha doenza, e a causa dun sistema inmune deprimido e débil, é susceptible de  padecer outras infeccións. Isto sucede porque a súa resposta inmunolóxica non sería como a dunha persoa sana.
Actualmente, existen poucas solucións efectivas para combater estas bacterias. Tendo en conta todo isto, estase traballando nun kit de diagnóstico para saber que tipo de infección sofre o paciente. Podería ser estándar, co que quedaría curado cun medicamento dos convencionais ou unha infección máis virulenta, que precisaría dun inhibidor acompañado do antibiótico. Este bloqueante bacteriano, contaría cuns efectos adversos mínimos, buscándose sempre a mínima dose posible.
Como síntese, a investigación ao redor das bacterias resistentes aos fármacos, podería solucionar un problema que afecta na actualidade a poboación reincidente nas enfermidades, como consecuencia de que queden microorganismos supervivintes a marea química.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A vacina contra a tuberculose que se ensaia en Galicia recibe apoio financeiro para probarse en África

Un estudo avaliará a seguridade e a eficacia do tratamento, que ten potencial para xerar unha mellor resposta inmune que a terapia actual