Venres 19 Abril 2024

Combatendo o cancro dende dentro

Alba Rego Lage Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus Pontevedra)

 
Segundo un estudo realizado pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) no ano 2011, o cancro colorrectal é un dos tumores máis frecuentes entre a poboación, afectando tanto a homes como a mulleres. Sen embargo, o nivel de información e coñecementos sobre este tumor é maioritariamente baixo. O 54% da poboación recoñece ter pouca ou ningunha información sobre esta doenza, mais si doutros como poden ser o cancro de mama nas mulleres ou o cancro de próstata nos homes. Esta falta de información e coñecemento amósase polo xeral relacionada a un descoñecemento sobre os propios factores de risco, que poden influír no seu desenrolo.

Preparación dun cultivo celular no laboratorio da Universidade de Vigo.
Preparación dun cultivo celular no laboratorio da Universidade de Vigo.

No que se refire á existencia dos programas de cribado e as técnicas empregadas, estes tampouco son coñecidos, chegando a ser máis da metade da poboación os que carecen de idea de cales son as probas que diagnostican precozmente este tipo de cancro. Sen a existencia de aquelas persoas anónimas que dedican a súa vida para loitar contra este mal  que afecta a milleiros de persoas, non se poderían ter acadados logros para coñecer máis esta enfermidade.
A Universidade de Vigo é unha institución máis nesta batalla. O laboratorio de bioquímica, emerxeu fai xa dúas décadas no complicado e laborioso estudo en relación coa proteína CD26 como biomarcador , mais a partires de dous anos para aquí o obxecto ramificouse  aínda máis, a través da investigación de cultivos celulares en tumores. Porén, a universidade non é a única neste proxecto, senón que as colaboracións proveñen de toda a xeografía galega dende a axuda de docentes da universidade compostelana até médicos especialistas en dixestivo do Hospital Xeral de Vigo, o Meixoeiro e o Hospital de Ourense, encargados de enviar mostras de pacientes con cancro. Traspasando tamén fronteiras, ofrecen a súa man hospitais de Barcelona, Alicante ou mesmo Canarias.
“Empezamos a estudiar buscando marcadores tumorales de diagnóstico para distinguir los tipos de cáncer, de colon y de pulmón sobre todo” explica María Páez, xefa de grupo de biomarcadores moleculares. A obtención de novas probas de diagnóstico, de prognóstico e de seguimento dos distintos tipos de cancro, constitúe o obxectivo principal do grupo de investigadores, baseándose na avaliación da proteína CD26 como biomarcador, por un lado nas distintas liñas celulares e por outro no suero.

A proteína CD26 serve como marcador para detectar o cancro de colon

A CD26 é unha proteína presente nas células do corpo humano e que é indicativa neste caso de cancro de colon. “No noso caso o CD26, sería unha proteína que se expresa nas células de cáncer colorrectal e a través da súa función pódese previr un pouco como pode ser o avance do tumor, serve para caracterizar o tumor e detectalo”, como explica a investigadora Andrea Díaz. Mediante o cultivo celular de distintas liñas celulares de cáncer colorrectal, caracterizadas cada unha polo estadío tumoral no que se encontran, o CD26 xa sería parte dos resultados expresados en membrana. É unha proteína que aparecería nas liñas celulares de estadios primarios ou iniciais, e tamén naquelas liñas tumorais que xa son metastásicas– concretamente nos estudios realizados,  observouse  que a célula do cancro de colon metastatiza no pulmón-.

Máquina de electroforesis de proteínas usada na investigación.
Máquina de electroforesis de proteínas usada na investigación.

Despois de moitos estudos, crese que a proteína CD26 podería ter actividade enzimática. Que supón isto? De maneira máis explícita, a función desta como enzima é romper proteínas, podendo ser un actor clave no proceso metastásico, axudando ás células á hora de quebrar a matriz extracelular para avanzar. As células encóntranse en medio do texido conxuntivo,  polo que se ésta se quixese mover tería que romper a matriz extracelular para poder avanzar.
Constitúe un marcador de cáncer colorrectal e podería axudar a expansión do tumor, pero tal e como explicou a investigadora “as cousas non son tan sinxelas, porque non son a única proteína nin enzima que ten unha célula, teñen un montón de factores, sería unha cousa pola que empezar”. Paralelamente tamén  tratan as células nai tumorais e nun futuro próximo o grupo comezará outro proxecto dentro da mesma liña de investigación, a migración das células e o seu comportamento nun proceso tumoral.
Ningún paso é de balde. Pouco a pouco, a ciencia avanza, e grazas a esta xente que adica a súa vida a procurar melloras, a salvar as nosas vidas co seu traballo, e que moitas veces teñen que facer fronte as adversidades, hai que apoialos e dalos a coñecer. A ciencia progresa, non por outros, senón por eles, os superheroes do século XXI.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T