caravana-noe

A caravana de Noé

Noé Ferreira percorre os ríos do norte de Portugal no laboratorio móbil da ECIMAT na procura dun bivalvo invasor asiático

Yago Rodríguez Barril Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo

 

A ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla), da Universidade de Vigo, conta desde hai tres anos cun laboratorio de investigación móbil, capacitado coas ferramentas necesarias para que os científicos podan realizar traballo de campo sen ter que regresar ao laboratorio. Tras un traballo de investigación no que debeu viaxar a 113 puntos da costa galega neste laboratorio móbil, o científico Noé Ferreira fixo unha nova saída no mes de abril polos ríos da metade norte de Portugal.

“A caravana de Noé” resume a primeira etapa deste traballo de campo que por unha semana (do 27 de abril ao 3 de maio) realizou coa autocaravana da ECIMAT, xunto co seu grupo de traballo, composto por Suso de Teis e Adrián Pedreira. O espazo de mostraxe estendeuse pola maior parte dos ríos da vertente norte do noso país veciño. O obxecto de estudo foi un bivalvo invasor dos nosos cursos fluviais e que se busca erradicar en prol do seu equivalente autóctono.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.