Venres 29 Marzo 2024

O porcoril, ás portas da Ribeira Sacra

Pouco a pouco, o porcoril espállase pola xeografía galega. O híbrido de xabaril e porco vietnamita que apareceu hai uns anos nos montes da provincia de Pontevedra xa se deixa ver noutros lugares do país. Esta fin de semana, GCiencia atopou a unha porca vietnamita xunto a un dos seus fillos, de arredor dun ano de idade, nun terreo situado a carón da OU-536, no lugar de Sas de Penelas, pertencente ao concello ourensán de Castro Caldelas. Este municipio está situado entre a Ribeira Sacra e o Macizo Central Ourensán, dous dos espazos naturais máis importantes de Galicia.

Os dous animais móstranse mansos e amigables, e mesmo o can da casa xoga con eles. Achéganse de cando en vez desde os montes próximos ata os terreos dun veciño, que lles ofrece alimento. Segundo di, a porca vietnamita foi abandonada hai varios anos na zona. Hai arredor dun ano, deu a luz a varias crías híbridas, unha das cales aparece no vídeo. Polo tamaño actual e as dificultades de mobilidade, o veciño di que mesmo podería estar embarazada de novo. Os dous animais pódense ver neste vídeo.

Publicidade

Os primeiros exemplares de porcoril en Galicia apareceron hai catro anos en lugares próximos ás cidades de Pontevedra en Vigo, nos montes de Salcedo, Figueirido ou Xebes. Proceden, en case todos os casos, do cruzamento entre mascotas de porco vietnamita que son abandonadas polos seus donos e os xabarís que habitan nos montes galegos.

Este híbrido podería poñer en perigo a supervivencia da especie do xabaril debido á contaminación xenética eademais,  ao tratarse dunha especie alóctona non se sabe como influirá no resto de especies animais e vexetais do entorno. Non en tanto, non se pode cazar, xa que non deixa de ser un animal doméstico, e as multas poden ser elevadas. Aínda así, non existe un plan establecido para controlar a súa poboación.

O porcoril baixa de cando en vez desde os montes próximos ata o pobo de Sas de Penelas.
O porcoril baixa de cando en vez desde os montes próximos ata o pobo de Sas de Penelas.
Nai e fillo xogan co can da casa.
Nai e fillo xogan co can da casa.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Creada a primeira base de datos sobre o impacto das plantas invasoras en Europa

Investigadores do CSIC participan na plataforma Plantimpactseurope, que inclúe información de 104 especies de 29 países europeos

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

A UVigo axudará a rexenerar as pradarías submarinas da ría de Aveiro

Este proxecto europeo basearase na maricultura para apoiar as necesidades de plantas e sementes para a súa reintrodución