Sábado 20 Abril 2024

Por que os galegos son tan lonxevos?

Cando un galego nace, ten unha esperanza de vida de 83,04 anos; 79,5 no caso dos homes e 85,91 nas mulleres. Son unhas cifras semellantes a outras rexións do centro e o norte da península Ibérica, como Aragón, Castela e León, A Rioxa, Navarra ou Madrid. De feito, España, xunto a Xapón, é o único país da OCDE que supera os 83 anos de media de vida, unha ‘elite’ á que se sumou recentemente o noso país, tras subir medio ano respecto ao 2013.

E cales son os motivos? Nin os científicos que investigan os factores que inflúen na lonxevidade son capaces de poñerse de acordo. O PIB per cápita, aínda que importante, non resulta determinante, xa que zonas máis desenvolvidas, como Escandinavia, os Países Baixos ou o Reino Unido teñen taxas sensiblemente inferiores ás galegas. As diferenzas son notables dentro dos mesmos estados. Así, Andalucía está no furgón de cola, mentres outras rexións de España están á cabeza.

Publicidade

Ademais, semella que a lonxevidade non está ligada ao Produto Interior Bruto dunha resión. Segundo un recente estudo, publicado na revista Journal of Epidemiology & Community Health, os habitantes do norte de España, o nordés de Italia, e o sur e o oeste de Francia viven ata unha idade moi avanzada. Ao mesmo tempo, en parte dos Países Baixos, Escandinavia ou Reino Unido a supervivencia na vellez atópase por baixo da media europea.

Unha das posibilidades que se manexa é o benévolo clima atlántico e a dieta atlántica, rica en proteínas e verduras e baseada na cocción dos alimentos, sen apenas aditivos, como método para preparar os alimentos. Tamén se baralla a notable actividade física que as persoas que viven no rural realizan ata ben entrada a vellez, debido á actividade gandeira e agrícola. Outro dos factores é a forte vinculación familiar da sociedade galega, que establece unha rede de axuda aos seus maiores que non é tan frecuente noutros lugares.

Do mesmo xeito, Galicia destaca tamén polo seu elevado número de centenarios. Segundo o censo de 2016, a nosa rexión tiña 1.165 persoas con máis de cen anos, unha décima parte do total de España. Delas, 227 eran homes e 939 mulleres. Así, en Galicia había máis centenarios que en Andalucía, con máis do triple de habitantes, e un terzo máis que a Comunidade Valenciana, que ten case o dobre de poboación.

logo_MEIC_FECYT_Web

 

1 comentario

  1. La cuestión es la calidad de vida. No me gustaría llegar a los 85 (ya ni comento unos años antes) con mala calidad de vida… alzheimer, parkinson avanzado o dependiente total. Sinceramente, preferiría morirme antes. Partidario de la eutanasia, claro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204